Este ano o mosquito tigre chega antes: xa se contan ata 22 exemplares en Galicia

No mes de xullo do ano pasado só se notificou a presenza dun 'Aedes alpopictus' na zona de Moaña

No mes de xullo, as parroquias de Moaña, Cangas e Vigo, zona cero do mosquito tigre en Galicia, pasaron de ter 16 exemplares a amosar 22 casos deste espécime. Trátase dun aumento dentro da normalidade, segundo comentan dende a Rede Galega de Vixilancia de Vectores (ReGaViVec), debido a que a diferencia térmica entre o día e a noite nos meses do verán e menor e isto facilita que o mosquito sexa máis activo. Ata o de agora non se notificou a presenza deste insecto noutras rexións de Galicia, mais unha cousa está clara: este ano o mosquito tigre chegou antes.

No ano pasado, durante este mesmo período de xullo, Galicia só identificou un mosquito tigre, na enseada de Con en Moaña. Foi en agosto cando se disparou a súa presenza: 119 mosquitos tigre en só un mes. O primeiro caso notificouse o cinco de agosto, e a partir de aí a cifra foi medrando. Oito exemplares o 11 de agosto, 11 o día 14… só no día 19 atopáronse ata 12 mosquitos da especie Aedes albopictus.

Veñen para quedar

O Aedes albopictus apareceu por primeira vez en Europa no ano 1995. Comezou a súa andaina en Italia, mais agora xa está presente na meirande parte do continente e semella un problema de saúde pública en países como Francia. O aumento das temperaturas favoreceron a súa expansión e, aínda que cando os termómetros baixan entran nunha especie de estado de hibernación, non se destrúen.

Dende ReGaViVec admiten que vai ser moi difícil erradicar ao mosquito tigre de Galicia. Porén, a rede está a actuar moi rápido na súa identificación e nas medidas de prevención: “Xa sabemos onde poñer as trampas, como temos que facer… Esa é unha experiencia que xa temos e, polo tanto, estabamos preparados para a súa chegada. Estamos lanzando moitas campañas de concienciación porque a meirande parte dos focos de cría, segundo as experiencias doutras comunidades autónomas, está nos domicilios particulares. Polo tanto, todas as medidas de prevención, que a veces parecen moi sinxelas, son fundamentais”.

Publicidade

O mosquito tigre, un vector de enfermidades tropicais

A perigosidade deste mosquito está en que é un vector transmisor de enfermidades como o dengue e o zika. Aínda así, isto non quere dicir que exista unha posibilidade real de que o mosquito tigre que se está asentando no territorio galego poida transmitir os virus que causan ditas enfermidades de orixe tropical. De feito, o risco de que isto ocorra é realmente baixo porque, segundo os entomólogos de ReGaViVec, “aínda que agora estea presente o vector, non está o virus: non é endémico, nin está en circulación entre a poboación“. A totalidade de casos de dengue notificados na comunidade foron importantes, é dicir, que a persoa contaxiouse ao visitar outro país onde a presenza do virus si é endémica nesa rexión.

Como identificalo

O propio nome do mosquito pode darnos unha pista sobre as súas características físicas: as raias brancas que riscan todo o seu corpo, de cor negra, semellan ás do tigre. Ademais, o mosquito tigre amosa unha liña branca que vai dende a parte posterior da cabeza e cruza todo o seu tórax. É moi pequeno: normalmente non supera os 9 milímetros. Ademais, os seus hábitos son diferentes aos de outras especies de mosquitos máis comúns en Galicia: o Aedes albopictus ten o seu pico de actividade nas primeiras horas da tarde e antes do anoitecer.

Aedes albopictus recibe o nome de mosquito tigre polas raias brancas que riscan o seu corpo pequeno e negro. Máis en concreto, é fácil identificalo se ollamos unha liña clara na porte posterior da cabeza e do tórax e as patas riscadas, cun aspecto semellante ao dunha cebra. Ademais, o mosquito tigre é de pequeno tamaño e non supera os 9 milímetros de lonxitude, segundo informan dende Mosquito Alert.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como era Tui en 1225? Así se reconstrúe en 3D o pasado da vila dende Silicon Valley

Un proxecto impulsado polo Concello recrea a catedral e a contorna urbana medieval con motivo do 800 aniversario da súa consagración

Os Premios da Academia de Ciencias recoñecen un avance contra o cancro liderado por María Mayán

Os galardóns á investigación conceden a remuneración en Ciencias Básicas ao proxecto do CINBIO pola identificación dunha nova diana terapéutica, ademais de outorgar dous accésits na mesma categoría

Un gran mapa xenético de Galicia localiza as mutacións máis frecuentes e asociadas a sete enfermidades

O catedrático da USC Antonio Salas esboza unha cartografía que pode servir como guía para a detección precoz, a prevención e a medicina personalizada

A tormenta solar máis potente dos últimos 20 anos deixa incribles auroras boreais (tamén en Galicia)

A maior erupción do Sol dende 2003 activou condicións xeomagnéticas visibles nos ceos de Europa, con leves rexistros no noroeste peninsular