Sábado 20 Abril 2024

Saúde

Existe realmente a morte por “causas naturais”?

Sempre hai unha razón biolóxica determinada detrás dun falecemento, aínda que a medicina e a lei establecen diversas clasificacións

Un estudo vincula partos prematuros en Galicia coa mala calidade do aire

A investigación do Instituto de Saúde Carlos III salienta o problema nos días de maior combustión de biomasa, po sahariano e ozono troposférico

Atopan un axente protector contra as doenzas neurodexenerativas

Unha investigación do CSIC revela que, en modelos animais, o glutatión protexe contra a agregación de proteínas que xera Alzheimer, Parkinson ou Huntington

Dous estudantes crean un dispositivo contra infeccións postoperatorias

Jesús Gago e Carlos de Frías, que cursan Medicina na USC, desenvolveron BactiDec, un dispositivo capaz de cuantificar bacterias en tempo real

O grupo de investigación GENVIP gaña o premio Zendal

O equipo compostelán, dirixido por Federico Martinón e Antonio Salas, ve recoñecidos os seus estudos das bases xenéticas das infeccións pediátricas

Os mozos e mozas LGTBI teñen cinco veces máis risco de depresión

O estudo, realizado no Reino Unido, amosa que a pesar dos avances sociais persisten adversidades e intimidación por parte do seu círculo

A galega Biofabri avanza nos ensaios coa vacina da tuberculose en adultos

A empresa do grupo Zendal traballa coa organización IAVI e científicos sudafricanos nunha proba con 144 persoas que serán estudadas durante 12 meses

Aumentan os casos de papeiras entre a mocidade en Galicia

O Sergas recomenda tomar precaucións ante o aumento da doenza, sobre todo entre os 15 e os 24 anos, rexistrado nas últimas semanas

Unhas 3.000 persoas morren en España cada ano pola resistencia a antibióticos

Este luns 18 de novembro celébrase o Día Europeo para o uso prudente dos antibióticos, ante o crecente problema de saúde pública polo uso pouco axeitado

A bricolaxe duplica o risco de cancro de pulmón, di un estudo de científicos galegos

A investigación conclúe que as persoas que fixeron estas actividades durante 10 ou máis anos sofren máis a doenza, sexan ou non fumadores

Científicos galegos reconstrúen a nivel xenómico a evolución dun cancro colorrectal

O catedrático de Xenética David Posada, da UVigo, lidera un traballo que utiliza unha sofisticada técnica para coñecer mellor o ADN do tumor

Un estudo da USC pon o foco sobre a presenza do radon nos postos de traballo

A investigación atopa concentracións do gas superiores aos niveis recomendados, o que pode ser un factor de risco para o cancro de pulmón

Gravan as ondas que lavan o noso cerebro cando durmimos

A revista Science publica un estudo que pode mudar a nosa visión sobre a actividade cerebral

Os mitos do cannabis fronte á ciencia debátense en Catoira

Un congreso dirixido polo profesor da UVigo Manuel Isorna contrapón con evidencias científicas as crenzas sobre os supostos beneficios desta droga

Neurocientíficos de Vigo achegan novos datos sobre o control da temperatura corporal

Unha revisión realizada polo Laboratorio de Neurociencia abre a porta a que as canles TREK poidan constituír unha diana farmacolóxica

Unha revisión científica suxire unha nova función do clítoris

Un artigo dun científico británico propón que a estimulación deste órgano está relacionada coa capacidade de transportar e reter o seme