Venres 29 Marzo 2024

A Xunta relaxará as restricións na meirande parte das áreas da Coruña e Pontevedra

O subcomité clínico reunido este venres propón o paso a nivel medio da meirande parte dos municipios, agás concellos concretos en peor situación

O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia, que nesta nova ‘desescalada’ volve reunirse dúas veces á semana, anunciou este venres a mediodía unha nova modificación no mapa de restricións vixentes en Galicia para conter a transmisión da Covid-19, segundo anunciou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña. Porén, estas decisións non rexerán ata a medianoite do domingo ao luns. A principal novidade é o levantamento das restricións nas áreas que se mantiñan en nivel alto, as da Coruña e Pontevedra, que pasan a nivel medio agás algúns concellos cunha situación epidemiolóxica máis desfavorable. Segundo o conselleiro, a partir de agora, e salvo novidades, abordarase a situación a nivel municipal, e non tanto nas áreas sanitarias, para establecer restricións de mobilidade e interaccións sociais.

Deste xeito, no nivel máximo, ou ‘vermello’ con peche perimetral e da hostalaría e limitación de reunión a persoas non conviventes, a Soutomaior engádense Boborás, A Pobra de Brollón e A Mezquita.

Publicidade

No nivel alto, ou ‘laranxa’ fican Miño, Ponteceso, Sobrado, Arteixo, Cambados, Pontecaldelas, Vilanova de Arousa, Guitiriz, Lourenzá, Paradela, Mos, Cariño e Mugardos. Sairán desta listaxe a partir do luns Porto do Son, Tordoia, Mondariz e Pazos de Borbén. Deste xeito, a totalidade das áreas sanitarias de Santiago de Ourense ficarán no nivel máis baixo de restricións. Así queda o mapa:

Podes buscar nesta táboa en que situación quedará o teu concello a partir do luns:

Situación actual

Neste momento, Galicia continúa o descenso despois do cumio da terceira onda. A incidencia acumulada está en 114,35 casos/100000 habitantes a 14 días, e de 43,48 a sete días, o que constata o descenso máis acelerado de positivos novos na última semana.

As cifras de novos positivos mantéñense lixeiramente por baixo dos 200 diarios, e a taxa de positividade das probas, outro dos indicadores para o control da pandemia, segue no rango de entre o 3 e o 5%. O número reprodutivo instantáneo (Rt), outro dos indicadores de transmisión, sitúase nestes intres por debaixo do 0,8, o que expón tamén a tendencia á contención da actual vaga.

Porén, a carga asistencial segue sendo importante nalgúns hospitais, como o CHUAC da Coruña, no que están ingresadas arredor dun terzo das persoas hospitalizadas por Covid-19 en Galicia.

Medidas vixentes desde este venres

Polo momento, desde a medianoite do xoves ao venres e ata a mesma hora do domingo ao luns, manteranse as medidas avanzadas o pasado martes, que supuxeron o paso da área sanitaria de Ferrol e arredor doutra trintena de concellos ao nivel medio ou ‘amarelo’ de limitacións, o máis laxo dentro da excepcionalidade aínda presente en todo o territorio.

Deste xeito, e ata a medianoite do luns, só Soutomaior queda no nivel máximo (‘vermello’), con peche perimetral municipal, peche da hostalaría e limitación das reunións a persoas non conviventes, entre outras medidas. As áreas da Coruña e Pontevedra manterán esta fin de semana o seu peche perimetral, aínda que está permitida a mobilidade por todos os concellos de cada unha ao ficar todos en nivel alto (‘laranxa’). Outros 10 concellos (Cariño, Guitiriz, Lourenzá, A Pobra do Brollón, Tordoia, Porto do Son, Mos, Mondariz, Pazos de Borbén e Boborás) estarán ata o luns no nivel laranxa, polo que só se permitirá a mobilidade con orixe e/ou destino nalgún deles.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Sanidade ordena a retirada dun coñecido fármaco para a diabetes

A AEMPS comunicou que os motivos se relacionan por un defecto de calidade que “non supón un risco vital para o paciente"

Comesaña: "O Centro de Protonterapia tratará pacientes de cancro en 2025"

O conselleiro de Sanidade fala da situación da sanidade galega e dos novos proxectos de terapias oncolóxicas

Galicia rexistra 16.000 novos casos de cancro e 8.000 mortes cada ano

A Fundación CRIS reúnese con Sanidade para solicitar unha maior cobertura aos pacientes oncolóxicos que requiren de medicamentos CAR-T

Funcionan os novos fármacos para deixar de fumar? “Se non cambias a conduta, a posibilidade de recaída é alta”

Mónica Pérez Ríos, investigadora da USC, explica que estes medicamentos teñen unha pauta de consumo de 25 días