Vigo Científico reúne aos principais referentes da investigación na cidade

O Consorcio da Zona Franca e GCiencia organizan un ciclo de conversas con África González, Fernando Aguado, Begoña Vila e Manuel E. Garci

No ano 2019, o Ministerio de Ciencia e Innovación recoñeceu a Vigo co Premio Nacional Cidade da Ciencia, entregado polo ministro Pedro Duque ao alcalde da cidade, Abel Caballero. Ao tempo do desenvolvemento industrial acadado nos últimos dous séculos, en Vigo foi medrando un tecido de investigación e innovación que hoxe é referente en moitas disciplinas. Ao abeiro de institucións como o centenario Oceanográfico, o Instituto de Investigacións Mariñas, a Universidade ou os centos de empresas enfocadas á I+D+I, o pulso científico da cidade é notorio.

Co obxectivo de amosar este potencial, GCiencia e o Consorcio da Zona Franca desenvolverán nas vindeiras semanas Vigo Científico, un ciclo de entrevistas a modo de charlas abertas con algúns dos referentes neste eido, que traballan ou teñen orixe na cidade, para trasladar de forma amena e rigorosa o seu traballo. Os encontros retransmitiranse en streaming os días 9 e 23 de marzo e 13 e 20 de abril, ás 19.30 horas a través de gciencia.gal e as súas canles en Facebook e Youtube. Este é o programa:

Publicidade

  • 9 de marzo: África González, catedrática de Inmunoloxía da UVigo, cofundadora da spin-off Nanoimmunotech, expresidenta da Sociedad Española de Inmunología (2016-2020) e exdirectora do Centro de Investigacións Biomédicas (Cinbio) da Universidade de Vigo (2009-2019).
  • 23 de marzo: Fernando Aguado, profesor titular do departamento de Teoría do Sinal e de Comunicacións na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da UVigo. É un dos artífices da Agrupación Estratéxica Aeroespacial da UVigo, que conseguiu levar ao espazo varios nanosatélites nos últimos anos.
  • 13 de abril: Begoña Vila, astrofísica viguesa que actualmente traballa na NASA, onde forma parte do equipo encargado da posta a punto do telescopio James Webb, o ‘sucesor’ do Hubble, cuxo lanzamento está previsto a finais de 2021.
  • 20 de abril: Manuel E. Garci, biólogo mariño, autor de numerosos documentais galardoados como O mar da fin do mundo ou O reino dos cefalópodos. Leva máis de 30 anos investigando e percorrendo os fondos mariños da ría de Vigo e divulgando o seu gran valor natural.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como se detecta o hantavirus: así funcionan as probas de laboratorio mediante PCR

As autoridades estadounidenses notifican un “positivo leve” nun dos repatriados, aínda que Sanidade sostén que non presenta sintomatoloxía concluínte

África González: “Xa se notan os efectos dos antivacinas: o sarampelo volveu con forza”

A catedrática de Inmunoloxía da UVigo foi a primeira convidada de 'Ciencia en feminino', o ciclo de charlas de GCiencia e da Deputación de Pontevedra polo 8M
00:39:58

Ciencia en feminino. Entrevista con África González

A inmunóloga recibiu o Premio Wonenburger en 2025, o máximo recoñecemento en Galicia para as mulleres científicas

África González: “Deseñamos unha nova terapia CAR-T contra os cancros de páncreas e estómago”

A catedrática da UVigo acaba de ser galardoada co Premio María Josefa Wonenburger polas súas contribucións ao eido da inmunoloxía