Os casos de mpox en Galicia aumentan ata as 12 infeccións

Os afectados son homes cunha idade de entre 35 e 65 anos, coa maioría dos contaxios na provincia da Coruña

A Dirección Xeral de Saúde Pública vén de actualizar a cifra de casos de Mpox detectados en Galicia ata o 1 de febreiro de 2026, cuxa cifra se sitúa en 12 casos. O primeiro caso notificado iniciou síntomas o 12 de decembro de 2025 e o máis recente o 26 de xaneiro. Todos son homes, cun rango de idade de 35 a 65 años. A maioría dos casos (10) rexistráronse na provincia da Coruña, sen poder establecer un vínculo común.

O risco xeral desta infección na comunidade segue a ser moi baixo, pero a Consellería de Sanidade lembra a importancia de seguir unhas recomendacións básicas de prevención e actuación no caso de presentar síntomas compatibles co mpox ou de ter sido contacto estreito dunha persoa diagnosticada.

Publicidade

A mpox é, na maioría dos casos, unha enfermidade leve e autolimitada. A detección temperá e a colaboración cidadá son claves para evitar a súa transmisión. Se unha persoa presenta síntomas compatibles, como febre, malestar xeral, ganglios inflamados ou lesións na pel (especialmente vesículas ou pústulas), recoméndase evitar o contacto estreito con outras persoas, incluíndo relacións íntimas, ata recibir valoración sanitaria. Cubrir as lesións cutáneas, se as houbera, e extremar a hixiene de mans. Ademais débese empregar máscara se existen síntomas respiratorios.

No caso de ser contacto estreito (persoa que tivo unha exposición directa e prolongada cun caso confirmado, especialmente con contacto físico próximo), hai que vixiar a aparición de síntomas durante 21 días desde o último contacto, así como reducir as interaccións sociais. No caso de aparición de síntomas, contactar de inmediato co sistema sanitario e evitar o contacto con outras persoas.

Publicidade

Cando está indicada a vacinación?

A vacina contra a mpox está dispoñible en Galicia, e pode ser unha ferramenta útil de prevención. Está indicada nas seguintes situacións:

—Persoas consideradas en risco elevado debido á súa situación ou profesión, como aquelas con prácticas de risco ou persoal sanitario exposto. Trátase dunha profilaxe pre-exposición.

—Contatos estreitos dun caso confirmado e que non teñan antecedentes de infección previa. Neste caso trátase dunha profilaxe post-exposición e debe administrarse idealmente ata 4 días despois do primeiro contacto (aínda que se pode ofrecer ata os 14 días se non hai síntomas).

Andrea Veiga
Andrea Veiga
Graduada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a súa traxectoria profesional en GCiencia no ano 2024. Apaixonada pola redacción de reportaxes relacionados con animais, saúde e historia, tamén está interesada no ámbito das redes sociais, especialmente na creación de contido audiovisual para plataformas como TikTok.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona