Sanidade confirma nove casos de varíola do mono en Galicia sen unha orixe clara

Sete das infeccións rexistráronse na provincia da Coruña entre o 15 de decembro e o 25 de xaneiro

A Consellería de Sanidade confirma un gromo de varíola do mono en Galicia e indica que, de momento, a orixe “non está clara”. Fontes do departamento explican que entre o 15 de decembro de 2025 e o 25 de xaneiro de 2026 notificáronse nove infeccións; sete delas na provincia da Coruña. Dous dos casos están relacionados cunha sauna, mentres outros están vinculados con establecementos de fóra de Galicia, polo que aínda non se puido determinar a orixe.

Con motivo deste gromo, a Consellería de Sanidade pon o foco nas “prácticas sexuais de risco e na vacinación”. Esta última, sobre todo, entre os grupos máis vulnerables. Aconsella o uso de preservativo e consultar co médico no caso de ter síntomas e lesións compatibles coa enfermidade. Fontes do departamento tamén indica que a detección precoz “é fundamental para cortar as cadeas de transmisión”.

Publicidade

Tras a notificación ou sospeita de máis casos, o Sergas recolle mostras para determinar a que variante pertence o virus e establecer as indicacións de illamento e hixiene nas infeccións confirmadas. Tamén se buscan contratos estreitos para facer seguimento do gromo e indicar a vacinación no caso de que fose necesario.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os casos de mpox en Galicia elévanse a 14

A maioría das infeccións concéntranse na Coruña e outras dúas en Pontevedra. Todos os afectados son homes de entre 27 e 65 anos

Os casos de mpox en Galicia aumentan ata as 12 infeccións

Os afectados son homes cunha idade de entre 35 e 65 anos, coa maioría dos contaxios na provincia da Coruña

As claves do novo gromo de mpox detectado en Galicia: “Todos nos podemos infectar”

O virus transmítese principalmente por contacto estreito entre peles ou mucosas, sobre todo de carácter sexual, e causa lesións na pel

Gripe aviaria, mpox, chikungunya… Cal será a próxima pandemia?

O epidemiológo Juan Gestal analiza as posibles ameazas para a saúde pública cinco anos despois do estoupido da covid