Como se chamará a próxima borrasca? Así podes bautizala co teu nome por 290€

A iniciativa Aktion Wetterpate permite a particulares e empresas patrocinarse en centros de presión que afectan a Europa

Galicia está a vivir un episodio prolongado de chuvias persistentes, provocadas por un tren de borrascas que acumula ata 300 l/m2. Dende o 23 de xaneiro, unha sucesión de zonas de baixas presións visitou a comunidade con diferentes nomes: primeiro Ingrid, despois Joseph e, aínda que non chegou a territorio galego, a veciña Portugal sufriu os danos da borrasca Kristin. Pero a próxima podería chamarse Laura ou Uxía. A iniciativa Aktion Wetterpate, traducida ao galego como “Campaña de Padriños do Tempo”, permite a particulares e empresas bautizar co seu nome tanto anticiclóns como borrascas que afectan a Europa. Iso si, pórlle nome ao tempo ten un custo: 390€ para os anticiclóns e 290€ para as borrascas. Os primeiros son máis caros porque adoitan durar máis tempo, e polo tanto o nome permanece nos mapas máis días.

Hai, con todo, unha regra a seguir: existe un sistema de rotación anual. Nos anos pares, como 2026, os anticiclóns levan nomes masculinos e as borrascas nomes femininos; nos anos impares ocorre o contrario. Segundo esta norma, debes descargar un formulario na páxina da campaña, asinalo e envialo polas canles correspondentes. Unha vez asignado o nome, aparecerá nos mapas meteorolóxicos oficiais do Instituto de Meteoroloxía da Universidade Libre de Berlín, que asigna os centros de presión dende 1954 e é a fonte principal dos medios de comunicación en Alemaña e outros países europeos. Así, é moi probable que o teu nome apareza locutado na radio ou nun titular de prensa.

Publicidade

O principal obxectivo deste pagameneto é recadar fondos para manter a observación meteorolóxica estudiantil na estación de Berlín-Dahlen para que os estudantes continúen a realizar medicións manuais e mantendo a tradición da Berliner Wetterkarte. É unha das poucas estacións que mantén a observación humana combinada coa tecnoloxía moderna. Orixinalmente, eran os meteorólogos quen elixían os nomes. Non obstante, en 2002, debido a recortes financeiros, lanzouse a campaña Aktion Wetterpate para que calquera cidadán puidera patrocinar o seu nome e así salvar a estación. Agora que se achega San Valentín, poñerlle nome a unha borrasca podería ser un agasallo orixinal. Non sei, pénsao.


Podes consultar os prezos de Aktion Wetterpate na seguinte ligazón.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Activada a alerta laranxa no oeste da Coruña por precipitacións intensas

A AEMET acende o aviso amarelo en zonas da Coruña, Lugo, Ourense e en toda a provincia de Pontevedra por tormentas e chuvias

Por que as choivas previstas serán insuficientes para acabar coa seca en Galicia: “A situación xa é moi severa”

A secura prolongada fai que o solo perda a capacidade de absorber auga, o que provoca escorreduras ante episodios intensos de chuvia

Anatomía da borrasca que regará Galicia e derrubará as temperaturas: “Formouse a latitudes excepcionais”

O descenso das temperaturas será máis pronunciado en zonas do interior de Lugo e Ourense, sobre todo na Ribeira Sacra, o Miño, Valdeorras e Verín

Galicia rexistra máis de 2.100 raios durante as últimas 24 horas

As zonas con máis actividade foron o occidente da Coruña e Pontevedra, o interior de Lugo e o oeste de Ourense