Sanidade abre a área de Ferrol e levanta as restricións de mobilidade en máis de 30 concellos

Segue vixente o peche das áreas de Coruña e Pontevedra e outros 10 concellos fican no nivel 'laranxa', con limitacións de mobilidade

Boa parte dos concellos galegos nos que se manteñen vixentes os peches perimetrais verán como se relaxarán as restricións a partir da medianoite do xoves ao venres, segundo avanzou no serán do martes a Consellería de Sanidade. As novidades acordadas no comité clínico son varias:

  •  Paso ao nivel medio (ou ‘amarelo’) da área sanitaria de Ferrol, polo que se levantará o peche perimetral vixente sobre os 19 municipios do norte da provincia coruñesa. Iguálanse así iguálase ao nivel da meirande parte do territorio nas áreas de Lugo, Santiago, Ourense e Vigo.
  • Soutomaior queda no nivel máximo (‘vermello’), con peche perimetral municipal, peche da hostalaría e limitación das reunións a persoas non conviventes, entre outras medidas.
  • As áreas da Coruña e Pontevedra manteñen o seu peche perimetral, aínda que está permitida a mobilidade por todos os concellos de cada unha ao ficar todos en nivel alto (‘laranxa’).
  • Outros 10 concellos (Cariño, Guitiriz, Lourenzá, A Pobra do Brollón, Tordoia, Porto do Son, Mos, Mondariz, Pazos de Borbén e Boborás) estarán no nivel laranxa, polo que só se permitirá a mobilidade con orixe e/ou destino nalgún deles.
  • Os municipios de Corcubión, Curtis e Ponteceso pasan do nivel vermello ao laranxa, xa que se igualan coa situación da súa área.
  • En Gomesende, A Gudiña, Moeche, A Peroxa e Toques pasan do nivel vermello ao amarelo.
  • Os concellos de Arzúa, Dodro, Frades, Ordes, Rois, A Pontenova, Baralla, Guntín, Monforte de Lemos, Outeiro de Rei, Rábade, Sober, A Mezquita, A Merca, Bande, Beade, Celanova, Punxín, Sandiás, Taboadela, Verea, Viana do Bolo, Xunqueira de Espadanedo, Moaña, Oia e Redondela pasan do nivel laranxa a amarelo, ao igualarse á situación da súa área sanitaria.

Deste xeito, só 1 concello queda en nivel vermello. Un total de 69 (59 das áreas da Coruña e Pontevedra e os 10 mencionados) en nivel laranxa. O resto dos concellos de Galicia (243) quedan en nivel amarelo.

Publicidade

As medidas entrarán en vigor na medianoite do xoves 4 ao venres 5. Este mércores, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, confirmou que o mapa de restricións se revisará tamén no subcomité clínico dos venres. Deste xeito, as posibles novas medidas decretadas ese día aplicaranse a partir do luns seguinte.

Así quedan, por agora, as restricións en Galicia:

Publicidade

E aquí podes buscar as medidas que rexerán a partir do venres no teu concello:

Esta decisión permitirá a todos os habitantes desta zona recuperar a mobilidade polo resto de municipios galegos en nivel medio a partir do venres á medianoite. As áreas da Coruña e Pontevedra ficarán na mesma situación.

Do mesmo xeito, reláxanse as restricións na meirande parte dos concellos sobre os que estaba vixente o peche perimetral. Só estará en nivel máximo o concello de Soutomaior. E no ‘nivel laranxa’ estarán os municipios de Cariño, Guitiriz, Lourenzá, Pobra de Brollón, Tordoia, Porto do Son, Mos, Mondariz, Pazos de Borbén e Boborás. Só estará permitida a mobilidade con orixe e destino entre eles.

O resto dos concellos galegos quedan en nivel medio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Luis Enjuanes, virólogo: “Hai que estar moi alerta, a polio está emerxendo polas guerras”

O experto en coronavirus participa no Congreso Nacional de Viroloxía que se está a celebrar esta semana en Santiago

Máis alá do mpox: as cinco emerxencias sanitarias do século XX que viviu Galicia

A sociedade leva miles de anos enfrontándose aos microorganismos e ás enfermidades infecciosas como a varíola ou a poliomielite

O lado escuro dos ‘influencers’: a publicidade de produtos que quere evitar Sanidade

Os galegos Guillermo Carracedo e Sara Seco apoian o novo proxecto de lei, que restrinxirá a promoción de artigos sanitarios nas redes sociais

Gripe H5N1: a próxima pandemia?

Unha variante do virus, presente dende 2020, está a causar mortalidades nunca vistas en aves, tanto domésticas como silvestres