As oposicións ás 3.893 prazas de Educación serán en 16 localidades

A Xunta fai públicas as importantes novidades destas probas no 2021 para garantir a seguridade das 26.744 persoas inscritas

As oposicións de Educación, con 3.894 prazas tras a ampliación da oferta pública de emprego no corpo de profesores técnicos de FP, celebraranse en arredor de 16 localidades diferentes, con sedes nas catro provincias. Así llo anunciou hoxe o director xeral de Centros e Recursos Humanos da Xunta, Jesús Álvarez Bértolo, ás organizacións sindicais na Mesa Sectorial Docente non Universitaria.

Os lugares aínda se están a perfilar, aínda que algunhas destas sedes periféricas serán Oleiros, Viveiro, Lalín, Vilagarcía e O Carballiño. Ademais, a Xunta coordinará coas tres universidades galegas a cesión de espazos destas institucións académicas para o desenvolvemento das probas, principalmente nas cidades.

Publicidade

As oposicións de Educación no 2021 teñen un total de 26.744 persoas inscritas.

O obxectivo é evitar as aglomeracións nunhas probas nas que están inscritas 26.744 persoas, un 50% máis que en 2019, cando se presentaron 17.814. Ademais, e tamén coa fin de garantir a seguridade sanitaria nas probas, a Xunta de Galicia tomou a decisión de realizar os exames de xeito escalonado e de duplicar os tribunais.

Instrucións con antelación no web

Ademais, e tendo en conta o inicio escalonado das probas, este ano elimínase a tradicional presentación que cada opositor debía realizar na primeira xornada antes dos exames para recibir as instrucións dos tribunais. Estas instrucións estarán dispoñibles na páxina web coa debida antelación.

Publicidade

Ademais, non será necesario que os interinos se presenten ao procedemento selectivo para manter os seus dereitos na relación de persoas para prestar servizos como interinos ou substitutos.

Por outra banda, o representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade explicou que as oposicións de Educación terán un protocolo propio de seguridade sanitario, en liña coas oposición da Xunta, aínda que adaptado ás particularidades destas probas.

Dobre de tribunais

As oposicións serán desenvolveranse con 359 tribunais, máis do dobre ca en 2019, o que suporá mobilizar a máis de 3.500 profesores entre titulares e suplentes. Deste xeito, redúcese de forma significativa o número de persoas opositoras por tribunal, en concreto nun terzo (32%): de 109 no ano 2019 a 74 este ano.

A primeira fase das probas desenvolverase do 19 ao 25 de xuño de xeito escalonado para evitar a concorrencia dun elevado número de persoas nun mesmo lugar. Os tribunais, a través da web da Consellería, comunicarán a data de realización da proba, a hora e o lugar. A realización da parte práctica da proba, cuxa data é fixada por cada tribunal, ten como data límite o 23 de xullo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía