Xoves 25 Abril 2024

A Xunta sitúa 19 concellos en nivel máximo ou alto a partir do venres

Seis concellos ficarán coa hostalaría pechada e limitación de reunións a conviventes, e 13 estarán no nivel alto, con máis restricións có resto de Galicia

A reunión do comité clínico que analiza a evolución da pandemia da Covid-19 en Galicia deparou este martes novos cambios no mapa de restricións que afecta á cidadanía dos concellos do país, segundo informou a Consellería de Sanidade. Con todo, non entrarán en vigor ata a medianoite do venres 12 de marzo. Ata entón rexerán as medidas anunciadas o pasado venres pola Consellería de Sanidade. Pero desde esa data, esta será a situación:

  • Nivel máximo: Paradela, A Pobra do Brollón, Boborás, A Mezquita, Vilardevós e Pontecesures. Estes municipios quedarán pechados perimetralmente e non se poderá saír deles agás causa xustificada, tamén pechará a hostalaría e limitaranse as reunións a persoas conviventes, entre outras medidas.
  • Nivel alto: Soutomaior, Ponte Caldelas, Vilanova de Arousa, Mos, Cambados, Guitiriz, Lourenzá, Chantada, Mugardos, Cariño, Arteixo, Miño e Sobrado. A mobilidade limítase aos desprazamentos entre estes mesmos concellos, pero non se poderá ir, agás causa debidamente xustificada, ao resto de municipios de Galicia. Permítense as reunións de ata catro persoas non conviventes. A hostalaría está pechada no interior e aberta nun 50% nas terrazas.
  • Nivel medio: o resto de concellos de Galicia (294). A mobilidade está permitida entre eles, permítense reunións de ata catro persoas non conviventes e a hostalaría estará aberta ata un 30% no interior e 50% nas terrazas.

Deste xeito, a partir do venres entran na listaxe de concellos afectados polos dous máximos niveis de limitacións Paradela (pasa de alto a máximo), Vilardevós e Pontecesures (de medio a máximo), e Chantada (de medio a alto). Soutomaior pasa de máximo a alto. Mantéñense no nivel de máximas restricións A Pobra do Brollón, Boborás e A Mezquita, e no nivel alto seguirán Ponte Caldelas, Mos, Sobrado, Miño, Arteixo, Cambados, Vilanova de Arousa, Guitiriz, Lourenzá, Cariño e Mugardos. Por outra banda, Ponteceso verá aliviadas as súas limitacións a partir do venres. O resto dos concellos galegos quedan en nivel medio.

Publicidade

Así quedará, por tanto, o mapa de limitacións a partir do venres:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os ataques ao patrimonio agroman nas Rías Baixas: escalan a Torre de San Sadurniño, do século IX

Dous turistas ruben polas ruínas da construción, un dos maiores tesouros da vila de Cambados

Descuberto o centeo máis antigo da península en Galicia e no norte de Portugal

Na escavación do castro do Castelo Pequeno de Santigoso, na Mezquita, apareceu unha das evidencias máis antigas datada na Idade de Ferro

O centeo máis antigo da península ibérica atopouse na Mezquita

As análises realizadas no castro do Castelo Pequeno de Santigoso, no concello ourensán constatan cultivos de máis de 2.000 anos de antigüidade

A Xunta engade Pontevedra e Ponteceso ás áreas de risco da Covid-19

Galicia rexistra o maior aumento de casos novos das últimas semans, 332, ao engadir boa parte das infeccións detectadas na residencia de Outeiro de Rei