Saúde

O ácido palmítico favorece a metástase e volve máis agresivas as células tumorais

Unha investigación do IRB de Barcelona publicada en "Nature" constata o efecto daniños do composto, presente no aceite de palma

Investigadores da USC buscan voluntarios maiores de 45 anos para probar un videoxogo

Está ambientado no Camiño de Santiago e servirá de base para a creación de intervencións psicolóxicas que promovan o avellentamento activo

A Covid-19 foi a sétima causa de morte en Galicia en 2020

O INE constata o menor impacto das primeiras vagas da pandemia fronte á media estatal, onde o coronavirus foi a principal causa de morte

Zendal explora a opción de facer o ensaio fase 3 da vacina da tuberculose en Guinea Ecuatorial

Representantes do país centroafricano visitaron as instalacións da empresa no Porriño no marco das conversas para acoller o estudo en adultos da MTBVAC

Unha nova vaga da pandemia percorre Europa, e a península está, por agora, a salvo

Algúns países do leste do continente viven máximos de novos casos e mortes, e a OMS advirte de que podería haber 500.000 mortes máis ata febreiro

Durmirse entre as 10 e as 11 da noite asóciase a menor risco de problemas cardíacos

Un estudo con miles de persoas durante seis anos expón que as persoas que se deitan máis tarde, en especial as mulleres, teñen máis probabilidades de padecer estas doenzas

Vacinas da Covid-19 na infancia: que opinan os pediatras ao respecto?

Diante das primeiras autorizacións nos Estados Unidos para a rapazada de 5 a 11 anos, varios expertos expoñen as claves de cara á posible inmunización

Unha revisión de ensaios suxire que o cinc axuda a previr catarreiras

O traballo incide, con todo, en que os efectos deste elemento non están claros á hora do tratamento unha vez contraída a doenza

Un equipo do CSIC mellora o coñecemento das infeccións bacterianas no abdome

O estudo identifica o agregado de células que impulsa a defensa antibacteriana na cavidade peritoneal

Aproban no Reino Unido o primeiro antiviral oral contra a Covid-19

O molnupiravir poderá administrarse a persoas cun cadro de infección leve a moderado e con determinados factores de risco

Un equipo de CiMUS atopa unha vía ao cerebro que pode frear a obesidade

Un novo estudo describe unha estratexia a través de nanopartículas para transportar fármacos ao hipotálamo e actuar sobre os mecanismos que inducen a doenza

Un fío de esperanza para novos tratamentos contra o párkinson

A científica andaluza Patricia González lidera unha investigación que publica "Nature" que obtén "datos sen precedentes" a partir de modelos de rato

Un equipo de Santiago descobre que un antidepresivo pode tratar a artrose e a gota

O grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS constata que a amitriptilina bloquea un receptor implicado na inflamación e o desgaste da cartilaxe

Que municipios son máis vulnerables á Covid-19? Saberalo con este sistema

Os municipios con maior risco son os do Eixo Atlántico e os de menor, os do interior de Lugo e Ourense, segundo un modelo da USC

Un antidepresivo reduce o risco de hospitalización por coronavirus

Máis de 700 pacientes de alto risco son tratados con fluvoxamina, un medicamento usado habitualmente para combater o TOC e a depresión

Aproban administrar unha dose de reforzo de Janssen a partir do 15 de novembro

As persoas vacinadas con Janssen recibirán unha dose de reforzo. Así o decidiu a Comisión de Saúde Pública, na que participan o Ministerio de...