Venres 29 Marzo 2024

Aproban no Reino Unido o primeiro antiviral oral contra a Covid-19

O molnupiravir poderá administrarse a persoas cun cadro de infección leve a moderado e con determinados factores de risco

Case un ano despois de abrir o camiño en Europa coa aprobación das primeiras vacinas contra a Covid-19, a axencia reguladora británica (MHRA) deu un novo e relevante paso ao autorizar o molnupiravir, baixo o nome comercial de Lagevrio, o primeiro antiviral que se administrará por vía oral á poboación con determinadas condicións de risco. Confírmase así a seguridade e eficacia deste medicamento para reducir o risco e de hospitalización e morte nestes grupo de pacientes.

O fármaco, desenvolvido polas compañías Ridgeback Biotherapeutics e Merck Sharp & Dohme (MSD), “actúa interfirindo coa replicación do virus. Isto evita que se multiplique, mantendo baixos os niveis do virus no corpo e, por tanto, reducindo a gravidade da enfermidade. Segundo os datos dos ensaios clínicos, o molnupiravir é máis eficaz nas primeiras etapas da infección, polo que a MHRA recomenda o seu uso “o antes posible” despois da confirmación dun positivo por Covid-19, e dentro dos primeiros cinco días desde o inicio de síntomas. Os datos dos ensaios constatan unha redución de ata o 50% no risco de hospitalización ou morte en adultos non hospitalizados con factores de risco e que teñan un cadro de leve a moderado.

Publicidade

Neste sentido, o uso do antiviral autorízase en persoas con infección de coronavirus de grao leve a moderado e, polo menos, un factor de risco para desenvolver unha forma grave da doenza, como a obesidade, idade avanzada (máis de 60 anos), diabetes ou patoloxías cardíacas.

“Hoxe [polo xoves] é un día histórico para o noso país, xa que o Reino Unido convértese no primeiro país do mundo en aprobar un antiviral que se pode tomar na casa contra a Covid-19. Isto vai supoñer un novo escenario para persoas vulnerables, que pronto poderán recibir este innovador tratamento”, explicou o ministro de Sanidade, Sajid Javid.

Javid engadiu que “este antiviral será un excelente engadido ao noso arsenal contra a Covid-19”. Pola súa parte, o director da MHRA, June Raine, salientou que “tras unha revisión rigorosa dos datos por parte dos nosos científicos e médicos expertos, estamos satisfeitos de constatar que o Lagevrio (molnupiravir) sexa seguro e eficaz para quen corre risco de desenvolver unha Covid-19 grave, e outorgamos a súa aprobación”. Raine destacou que, ao poder tomarse por vía oral, é posible administralo fóra do ámbito hospitalario antes de que a evolución da Covid-19 poida agravarse.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Por que están aumentando os casos de covid en Galicia? Estas son as claves

Un maior movemento da poboación no verán, a caída da inmunidade e a aparición de novas liñaxes de ómicron poden ser os desencadeantes

Nova variante covid? Estes son os motivos polos que están aumentando os casos en España

O cambio de costumes durante o verán e a relaxación das medidas preventivas explicarían o incremento de contaxios

Sonia Villapol: “En Galicia estímase que 75.000 persoas teñen covid persistente”

A neurocientífica galega acaba de publicar un libro no que reflexiona sobre as leccións aprendidas durante a pandemia

Un equipo galego deseña un sistema para detectar o ARN do coronavirus

Tamén presentou avances en novas ferramentas de Intelixencia Artificial (IA) capaces de acelerar o desenvolvemento de fármacos