Unha revisión de ensaios suxire que o cinc axuda a previr catarreiras

O traballo incide, con todo, en que os efectos deste elemento non están claros á hora do tratamento unha vez contraída a doenza

Desde que en 1771 o médico Hieronymus David Gaubius presentase á comunidade científica occidental un medicamento moi prometedor, o cinc converteuse en obxecto de numerosas pescudas e estendeuse nos estantes das farmacias e tendas especializadas. No século XIX era habitual no tratamento da epilepsia e, despois dun tempo de ostracismo, reapareceu desde os anos 60 do século XX como suplemento alimenticio e un trastorno hereditario chamado enfermidade de Wilson.

Hoxe seguen estudándose as súas propiedades beneficiosas, e así se amosa nunha metaanálise que estudou 28 ensaios, que fortalece a idea de que o uso de suplementos de cinc podería previr os síntomas e acurtar a duración das infeccións respiratorias virais, como as catarreiras comúns ou a gripe.

Publicidade

“Adoita crese que o papel do cinc na prevención e tratamento de infeccións é só para as persoas con deficiencia deste elemento, pero os nosos achados realmente desafían esta crenza”, explica a investigadora Jennifer Hunter, da Universidade de Western Sydney (Australia).

A metaanálise recolle, por exemplo, dous grandes ensaios realizados na China, nos que se observou que o aerosol nasal de cinc en doses moi baixas reduciu o risco de enfermidade clínica. Outros ensaios máis pequenos nos EUA avaliaron os efectos do cinc por vía oral excluíndo ás persoas con deficiencia do elemento. Ademais, a meirande parte dos traballos que analizaron os efectos deste composto fixéronse en poboacións nos que as deficiencias de cinc son moi raras.

Publicidade

Ao tomar cinc como medida preventiva, a revisión observou que había un 28% menos de risco de desenvolver síntomas máis leves e un 87% menos de risco de síntomas graves. Ao tomalo despois de enfermar, viuse que o elemento reduce lixeiramente a duración dos síntomas, nunha media de dous días. Con todo, os autores do traballo advirten de que a subministración a posteriori ten un efecto escaso. E insisten en que é precisa máis investigación, mesmo para afondar na posibilidade de que funcione contra novos virus como o SARS-CoV-2.


Referencia: Zinc for the prevention or treatment of acute viral respiratory tract infections in adults: a rapid systematic review and meta-analysis of randomised controlled trials (Publicado en BMJ Open).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Que é o norovirus? A enfermidade detrás dunha morte nun cruceiro en Burdeos e o illamento de 1.700 persoas

As autoridades francesas investigan un posible gromo tras detectar varios casos con síntomas, como vómitos, diarrea e dor abdominal

Sete virus que poden causar cancro

Un simple contaxio aumenta potencialmente as probabilidades de sufrir diferentes enfermidades como linfomas e carcinomas

Por que os virus e as bacterias poden contribuír ao cancro?

A relación entre doenzas oncolóxicas e infeccións fai aínda máis necesario aumentar e mellorar os recursos en poboacións de alto risco

Que é a febre aftosa, a enfermidade supercontaxiosa que ten en alerta a Europa

O virus que afecta a vacas, ovellas ou porcos obrigou hai 24 anos a sacrificar 10 millóns de animais no Reino Unido