O sarampelo volve a Galicia tras ser considerado erradicado

O caso detectado no Barco de Valdeorras fai que regrese unha enfermidade que se cría eliminada grazas ás vacinas

O sarampelo volve a Galicia, malia ser considerado unha doenza erradicada grazas ás vacinas. O caso diagnosticado no Barco de Valdeorras o pasado mes de abril -e feito público este venres- encaixa nun fenómeno global, con milleiros de afectados en todo o mundo e mesmo mortes, no que a OMS califica como unha ‘fenda na vacinación‘, provocada polos colectivos contrarios ás vacinas.

Xa no ano 2018 foi detectado un caso en Galicia, pero se trataba dun suceso importado, cun doente chegado de fóra. O novo caso no Barco de Valdeorras racha cunha tendencia que se mantiña nos últimos anos: non houbo ningún caso tampouco sospeitoso nos anos 2014, 2015, 2016 e 2017. No caso deste pasado mes de abril as análises sorolóxicas confirmaron a presenza do virus, aínda que Sanidade abre unha porta a que se pudiese producir un fallo de laboratorio cun falso positivo. De calquera xeito, o Instituto de Saúde Carlos III considérao como un caso confirmado, ainda que a orixe do contaxio é ‘descoñecida’.

Publicidade

Pero o regreso do sarampelo é unha realidade global. De feito, o caso de Galicia chega despois de dous preocupantes abrochos en Portugal, que en 2017 causaron a morte dunha moza en Lisboa e máis dun cento de afectados en 2018. Precisamente no ano pasado batiuse un récord de casos en Europa nos últimos anos, con máis de 80.000 persoas contaxiadas.

Nos Estados Unidos, no que vai de ano 2019 reportáronse preto de 700 casos , o total máis alto en 25 anos. Antes da invención da vacina contra o sarampión, a principios da década de 1960, o sarampión mataba a entre 400 e 500 persoas nos Estados Unidos cada ano. E os expertos coinciden en que a responsabilidade desta reaparición está nos chamados colectivos ‘anti-vacinas’, que se negan a vacinar aos seus fillos.

Publicidade

Os movementos anti vacinas fan que regresen doenzas erradicadas.

A Organización Mundial da Saúde (OMS) declarou este ano aos movementos contra as vacinas como ‘unha das 10 ameazas máis graves para  a saúde no mundo’. Para a  OMS, falamos dunha pandemia: “Algúns países que estaban preto de eliminar a enfermidade viron un rexurdimento”, di o informe. Xa se están a sentir as consecuencias dun crecente movemento contra a vacinación en todo o mundo, e ameaza con reverter décadas de progreso na erradicación de enfermidades totalmente evitables e, ás veces, potencialmente mortais.

Desde principios de século, a vacina contra o sarampelo salvou máis de 21 millóns de vidas, diminuíndo o número global de mortes nun 80 por cento en só 17 anos. Pero agora que estamos máis preto que nunca da liña de meta, por algunha razón, comezamos a correr na dirección oposta. Unha enquisa publicada o ano pasado, por exemplo, atopou que a confianza de Estados Unidos nas vacinas está a deslizarse a niveis perigosos.

Pero de ningunha maneira este sentido crecente de escepticismo limítase aos Estados Unidos. En 2017, o número de casos notificados de sarampelo aumentou máis do 30 por cento en todo o mundo, aínda que esta enfermidade contaxiosa pódese previr facilmente con dúas doses dunha vacina.

En Galicia, recentemente a Xunta tomou a decisión de non aceptar nenos sen vacinar nas súas escolas infantís.

O virus do sarampión é extremadamente contaxioso: o 90 por cento das persoas desprotexidas que están expostas terán a infección.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía