A Xunta valora non admitir nenos sen vacinar nas garderías

A Consellería de Política Social estuda que a cartilla de vacinación actualizada sexa un requisito para formalizar a matrícula na rede "A Galiña Azul"

Ningún neno ou nena sen vacinar nas garderías galegas. Ese é o obxectivo que se marca a consellería de Política Social da Xunta de Galicia, que estuda non admitir nas garderías da rede “A Galiña Azul” aos cativos que non teñan ao día a súa cartilla de vacinación, segundo apuntou este luns La Voz de Galicia.

A idea podería converterse en norma para o vindeiro curso, xa que é posible que en marzo, coa convocatoria de matrículas para o vindeiro curso, xa se inclúa este suposto no caso dos nenos de 0 a 3 anos cuxos pais ou titores queiran matricular nalgunha das 150 garderías do país. Esta medida, segundo aclaran desde Política Social, abrangue só ao calendario oficial, (baixo estas liñas) que cobre as vacinas que son gratuítas.

Publicidade

Calendario de vacinación actual en Galicia. Fonte: Sergas.
Calendario de vacinación actual en Galicia. Fonte: Sergas.

Os problemas de saúde pública que apareceron nos últimos anos en Europa debido ao movemento antivacinas (algúns casos tiveron lugar no norte de Portugal) levaron á consellería a poñer sobre a mesa esta idea, para concienciar aos pais e nais da importancia de vacinar aos seus fillos. Non tanto por eles, senón polo risco de rachar a inmunidade de grupo nos centros educativos.

En Galicia e España, o ordenamento xurídico non obriga aos pais ou titores legais a vacinar aos seus fillos, aínda que varias sentenzas xudiciais avalaron a decisión de centros educativos que non admitiron a nenos por non estaren vacinados polos seus proxenitores.

Publicidade

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla