Así funciona o anticonxelante natural deste peixe da Antártida

Describen nun artigo en "Nature Communications" o xenoma do "Chaenocephalus aceratus", unha especie que non ten glóbulos vermellos

Na Antártida os científicos teñen unha fonte moi interesante de seres vivos que foron quen de adaptarse ás condicións máis extremas que pode haber sobre a Terra. Extremófilos que non ensinan moito sobre a evolución. Hai tamén algúns peixes, como o Chaenocephalus aceratus, que presenta trazos que apaixonan aos investigadores. Este animal, cuxo nome común se podería traducir do inglés por “peixe antártico de xeo de aleta negra”, é o único vertebrado, xunto aos seus curmáns da familia Channichthyidae, non ten glóbulos vermellos, responsables, mediante a hemoglobina, de transportar o osíxeno ao resto do corpo. Por tanto, en vez de sangue, ten unha especie de plasma que chama bastante a atención.

Como se adaptaron, entón? Pois desenvolveron un potente corazón, melloraron o seu sistema cardiovascular e comezaron a producir glicoproteínas anticonxelantes que utilizan para rebaixar o limiar de conxelación interna.

Publicidade

E para afondar neste coñecemento, un equipo de investigadores secuenciou o xenoma destes peixes para descubrir como chegaron a desenvolver estas adaptacións extremas. Científicos do Instituto de Investigación Polar de Corea do Sur atoparon que a suborde do Chaenocephalus aceratus, a Notothenioidei, separouse da liñaxe dos Gasterosteidos (ou espiñosos) hai uns 77 millóns de anos. E usando comparacións xenómicas, puideron cuantificar os cambios.

“Os resultados amosan que os xenes implicados na protección contra o dano causado polo xeo, incluídos os xenes que codifican a proteína anticonxelante e as proteínas da zona pelúcida (a capa que rodea os ovocitos) están moi expandidos no xenoma do peixe de xeo”, contan os autores do traballo en Nature Communications.

Publicidade

A análise tamén determinou que algúns dos xenes que regulan os ritmos circadianos estaban ‘eliminados’ no Chaenocephalus aceratus. Crese, por tanto, que o ciclo día-noite da Antártida, que ás veces dura meses, limita a utilidade da regulación destes ritmos. Así, co paso do tempo, as presións de selección para manter estes xenes diminuíron, e acabaron sendo degradados mediante mutacións.

Os científicos subliñan que cómpre investigar máis polo miúdo este caso, para verificar por que o actual peixe de xeo carece realmente deste ciclo de día e noite, comparándoo con outras criaturas que viven nos fondos mariños onde non chega a luz do Sol. Os achados serán, por tanto, ferramentas moi interesantes para mellorar o coñecemento de como se adaptaa vida ás condicións máis duras e inhóspitas.

“O xenoma do Chaenocephalus aceratus achega un bo modelo natural para facilitar a investigación das contribucións xenómicas a unha ampla gama de características evolutivas, ecolóxicas, metabólicas, de desenvolvemento e bioquímicas adaptadas ás temperaturas extremas, os altos niveis de osíxeno e as fluctuacións do ciclo día-noite que hai na Antártida”, apuntan os autores do artigo.

Referencia: Antarctic blackfin icefish genome reveals adaptations to extreme environments (Publicado en Nature Communications o 25 de febreiro de 2019).

Máis información: “Chaenocephalus aceratus. Draco. El pez sin sangre roja”, por Antonio Figueras.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un proxecto galego analiza dous séculos de presenza humana na Antártida a través de obxectos

A investigación está liderada pola arqueóloga María Ximena Senatore e conta cunha Advanced Grant pola que recibirá case dous millóns e medio de euros durante cinco anos
00:06:28

Un microscopio feito a medida para estudar nanopartículas individuais

Investigadores do CINBIO incorporan un equipo hiperespectral de campo escuro sen equivalente comercial, capaz de medir moléculas que ata agora só se podían analizar en conxunto

Un estudo galego revela que os lumes favorecen ás aves máis afectadas polo abandono rural

A USC e o CSIC investigan a Serra do Xurés e analizan a recuperación desigual segundo o hábitat, cunha maior vulnerabilidade das especies forestais

Extraer ADN de amorodos ou resolver unha ‘escape room’ climática: así será a sexta edición da G-Night

A Noite Galega das Persoas Investigadoras terá lugar o 25 de setembro de xeito simultáneo nas sete cidades galegas