España lidera a lista de países máis saudables do mundo

Segundo a clasificación elaborada por Bloomberg, sobe cinco postos respecto a 2017 e está por diante de Italia, Islandia, Xapón e Suíza

Hai pouco era un estudo publicado en The Lancet o que situaba a España como o país con maior esperanza de vida en 2040, adiantando a Xapón, actual líder. E agora é Bloomberg quen sitúa ao país á cabeza dos máis saudables do mundo, cunha puntuación de 92,8. Sobe así cinco postos desde 2017, e sitúase agora por diante de Italia (91,6 e anterior número 1), Islandia, Xapón e Suíza.

Bos hábitos e atención primaria

O indice avalía aos países máis ou menos saudables incluíndo variables como a esperanza de vida, incluíndo tamén factores prexudiciais como o tabaquismo ou a obesidade. Tamén ten en conta factores medioambientais, como o acceso a auga potable e saneamento.

Publicidade

Os 20 países máis saudables do mundo. Fonte: Bloomberg.
Os 20 países máis saudables do mundo. Fonte: Bloomberg.

Así, España ten a maior esperanza de vida da Unión Europea, e só está por debaixo de Xapón e Suíza, segundo os datos da ONU. “A atención primaria, esencialmente a dos servizos públicos, os médicos de familia e o persoal de enfermería, que dan servizo de prevención a nenos, mulleres e anciáns, así como os coidados de crónicos e agudos”, son algunhas das claves. Así o reflectiu o Observatorio Europeo de Sistemas e Políticas de Saúde e 2018 ao falar de España, remarcando o descenso do pasado decenio nas enfermidades cardiovasculares e as mortes por cancro.

Os bos hábitos tamén xogan un papel clave na lista dos países máis saudables. Así, os investigadores expoñen que as razóns que sitúan a España e Italia no alto a lista poden estar na “dieta mediterránea, co aceite de oliva ou noces”. Nestes lugares “teñen unhas taxas máis baixas de doenzas cardiovasculares graves”, segundo un estudo da Universidad de Navarra citado na investigación.

Publicidade

E por tanto, unha porcentaxe maior de malos hábitos levan a outros países bastante desenvolvidos a posicións máis baixas na lista de saudables. Así, Canadá está no posto 16º, Estados Unidos no 35º e México no 53º. A epidemia polo abuso de drogas e fármacos que está afectando aos estadounidenses, así como o alto nivel de suicidios provoca esta situación.

A excepción de Cuba

Mentres, Cuba sitúase por riba do seu veciño do norte, no posto 31º. É unha excepción para Bloomberg, xa que aparece como a única nación non clasificada como de “ingresos altos” polo Banco Mundial que aparece nun posto tan alto. “Unha razón pode ser o seu énfase nos coidades preventivos, máis ca nos Estados Unidos, centrado no diagnóstico e o tratamento de doenzas”, segundo informes realizados por expertos estadounidenses nunha visita á illa.

En Asia, Corea do Sur mellora na lista ata situarse no posto 17 dos máis saudables, mentres que China está no número 52.

E no lado máis negativo da lista, os países subsaharianos ocupan 27 dos 30 últimos postos na lista de menos saudables. Os outros tres son Haití, Afganistán e Yemen. Pola contra, Illa Mauricio é o país máis saudable da zona, no posto 74, grazas a unhas taxas baixas de mortalidade debidas a enfermidades infecciosas.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un terzo da poboación galega terá máis de 65 anos en 2039

O IGE estima que dentro dunha década haberá 260 individuos que superen os 65 anos por cada 100 menores de 20

O triángulo galego da ultralonxevidade: un estudo revela unha área de 34 concellos con taxas récord

O investigador José María Faílde atribúe o fenómeno ao baixo estrés, á actividade física e a altitude nunha zona de montaña que conflúe entre Pontevedra, Ourense e Lugo

A OMS alerta de que España xa non é un país libre de sarampelo

En 2024 confirmáronse 227 casos e en 2025 a cifra aumentou a 397, cunha alta porxentaxe de persoas non vacinadas e casos importados

Moito iogur, unha vida activa e boa xenética: as claves da catalá que viviu 117 anos

Un grupo de investigadores estuda o perfil molecular da que foi a persoa máis lonxeva do mundo ata o seu falecemento en xullo de 2024