Galicia fronte á nova variante: así está a cambiar a epidemia de gripe

O impacto da nova variante H3N2 e as limitacións da vacina nesta tempada marcan a evolución da enfermidade no terrritorio

A Consellería de Sanidade informaba o pasado 4 de decembro sobre a actividade da gripe en Galicia: aínda que ten unha intensidade baixa, segue aumentando a súa incidencia. Así, as consultas de Atención Primaria por gripe medraron un 16,2% respecto a última semana de novembro, afectando a 83,8 persoas por cada 100.000 habitantes. A catedrática de Inmunoloxía pola Universidade de Vigo África González resume esta epidemia de gripe en tres claves: o adiantamento do pico de casos, unha mutación na variante de gripe A e, en consecuencia, a circulación dunha vacina que non protexe completamente ao paciente.

Esta nova mutación é a variante A(H3N2), que está acumulando os casos pero aínda nun nivel 1: “Non é un nivel nin pandémico”. Con todo, a debilidade está na vacina xa que, aínda que ten unha protección alta fronte a enfermidades graves, non cubre completamente o noso sistema, dado que as vacinas se crean segundo a cepa que circula en Arxentina cando é inverno, e esta se trata dunha variante que non esperaba.

Publicidade

Aínda non rematou a epidemia de gripe, polo que non se pode asegurar se se trata da máis grave dos últimos 15 anos. “Pode ser maior que a de anos anteriores, precisamente polas mutacións desta variante”, sinala África González. De feito, explica que segundo o tipo de mutación permite ao virus interactuar mellor e entrar nas células. “Pode ser unha das razóns polas que hai máis xente infectada”, explica.

Nenos e maiores

As persoas maiores son as máis vulnerables á gripe. Con todo, o grupo poboacional formado por nenos de 0 a 5 anos, a pesar de que sempre se teñen infectado, están a ter unhas cifras de infección superiores a outros anos en comunidades como Cataluña.

Publicidade

“Isto débese a unha inmadurez do seu sistema inmunitario“, explica África González, polo que o seu sistema ten que aprender a estar en contacto cun virus novo. Hai que ter en conta as secuelas bronquiais ou pulmonares das enfermidades respiratorias en menores, que se deben evitar.

Para facelo, Galicia está a levar a cabo unha medida preventiva: o 9 de decembro acadaba o 52% da cobertura de vacinación contra a gripe na poboación infantil, entre 6 meses e 11 anos.

Como saber canto infecta unha variante

A inmunóloga da UVigo explica que se poden facer estudos in vitro de infectividade sobre cada cepa. Tamén se pode analizar datos dos centros de saúde a raíz da solicitude de casos de gripe e deteccións positivas da patoloxía. Isto pode levarse a cabo a través de tests de antíxenos ou PCR para unha análise máis fiable do virus.

“O seguinte paso sería secuenciar a cepa“, sinala González. Con todo, isto só se fai en casos concretos: hai centros pertencentes á Organización Mundial da Saúde (OMS), onde se envían mostras de pacientes e faise un seguimento ao longo de todo o mundo para coñecer as novas cepas que están a circular polo territorio.

Con todo, nestes meses de inverno xúntanse moitos virus respiratorios: virus respiratorio sincitial, adenovirus, rinovirus e gripe, entre outros. “O importante é saber discriminar entre unha gripe e un virus respiratorio“, advirte África González. Despois, débense contabilizar o número de infeccións por gripe, as hospitalizacións, os casos na Unidade de Coidados Intensivos e, finalmente, as defuncións. “A gripe pode ter moitas consecuencias, sobre todo neumonías bacterianas“, advirte.

Medidas preventivas dunha inmunóloga

África González explica que o primeiro é detectar os primeiros casos, e despois, o tipo de cepa. “Sabemos que se chama H3N2 porque xa se secuenciou”, sinala. Así, na vacina introducíronse as tres cepas que circulan, sen ter en conta esta última: son dúas de gripe A e unha de gripe B.

“Antes de que apareza a gripe hai que vacinar“, advirte a inmunóloga, tanto a nenos como a maiores. Con todo, se xa se tivo o virus, hai que protexerse a un mesmo e aos demais: quedar na casa, beber moita auga, antipiréticos para a febre e sempre con máscara para evitar o contaxio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona