Cinco plans científicos para resgardarte da choiva en Semana Santa

Mover pedras xigantes, ver quenllas ou unha réplica dun velociraptor... Galicia ofrece moitos plans nos que non necesitarás paraugas

Chuvia, vento, algo de frío… As vacacións de Semana Santa comezan con algo de mala sorte para os que queren facer actividades ao aire libre. Con todo, Galicia está repleta de posibles plans nos que non precisarás do paraugas. Estas son algunhas experiencias científicas que podes vivir nestes días libres.

Casa das Ciencias

Foto de arquivo da Casa das Ciencias

No parque de Santa Margarida, hai un palacete hexagonal que alberga este museo. “Pódese baixar unha costa cara arriba?”, é unha das preguntas que se fan no seu interior, con diversas salas de exposicións interactivas dedicadas á ciencia. Na súa cúpula está o planetario, un dos elementos máis destacados do centro. Este permite recoñecer estrelas, constelacións e outros corpos celestes a simple vista.

Publicidade

Hai moitos desafíos nesta experiencia: proba a mover unha bóla de granito de 1.500 quilos, comprende o segredo do botafumeiro e descubre o funcionamento dos reloxos. A maiores, hai sesións pensadas para nenos e nenas, que ten como obxectivo principal achegar o pensamento científico.

Museo da Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba

Este centro alberga unha das maiores coleccións arqueolóxicas de Galicia no que abarca desde o Paleolítico ata a época romana. Ofrece tamén algúns dos primeiros obxectos históricos. Entre eles, un colgante procedente de Pena Grande de Férvedes. Alén diso, hai unha gran variedade de pezas da Idade de Bronce e de Ferro, con compoñentes do fenómeno castrexo como vasillas cerámicas, restos zoolóxicos e botánicos… Ademais, moedas, restos de ánforas e elementos cerámicos da época romana son tamén visibles neste centro cultural.

Publicidade

Museo Naval de Ferrol

Crédito: Museo de Ferrol

Situado no antigo Presidio de San Campio, un edificio destacable do século XVIII, conta con máis de 2.650 pezas de colección. Entre elas, instrumentos náuticos, armas rescatadas de restos de naufraxios e máis de 100 mostras de artillería. Conta con réplicas a escala de numerosos barcos, como é o caso da fragata Santa María Magdalena, de 34 canóns, que pode verse xunto a pezas recollidas do seu afundimento.

Restos mariños fosilizados, gravados de temática mariñeira e diversos documentos históricos tamén son outros dos contidos dos que dispón este museo. Ademais, organiza visitas guiadas e ten unha biblioteca con máis de 20.000 obras catalogadas.

Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela

O Museo de Historia Natural ofrece varios contidos e exposicións. Diversos dioramas con exemplares de flora e fauna ofrecen unha visión da biodiversidade galega pero tamén da doutros puntos do planeta, como unha sabana africana ou unha selva suramericana. Unha das salas inclúe varios expositores con gran variedade de rochas: máis de 350 exemplares e máis de 200 especies minerais procedentes de Galicia e América. Por último, conta cunha mostra da riqueza biolóxica mariña, con distintos fósiles e cunha réplica exacta dun velociraptor.

Aquarium Finisterrae

Situado preto da antiga prisión provincial da Coruña, é un referente na educación e na divulgación mariña. Experiencias interactivas, moitos acuarios e outros elementos de colección ofrecen unha gran variedade de opcións para gozar. Unha das súas salas máis destacadas está baseada no submarino Nautilus. Rodeada por unha piscina de máis de cinco millóns de litros de auga, os visitantes poderán ver numerosas quenllas, corvinas, douradas e meros.

É un centro moi visual e actualmente conta cunha exposición interactiva que trata sobre a reprodución sexual destes seres mariños. Aínda que ten unha terraza, a experiencia pode ser moi boa aínda acudindo só ás súas salas interiores.


DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla