Así é o mapa das vítimas da violencia golpista por concellos

A bases de datos recolle información dunha grande cantidade de persoas reprimidas para axudar a dar luz á súa historia

O 20 de xullo de 1936, Galicia caeu no caos. Tres días antes, o golpe de Estado comezara en Melilla. Foi con descoordinación, porque noutros lugares de España non sería ata o 18, 19 ou ata no 20 como foi no caso de moitos puntos en Galicia. As consecuencias para aqueles leais coa democracia axiña foron visibles. É o caso, por exemplo, do gobernador Francisco Pérez Carballo, asasinado apenas cinco días despois, con apenas 25 anos. Pero só é un exemplo: Fidel Blanco, pintor de 25 anos, Consuelo Acuña, ama de casa de 54 anos, José María Cid, labrego… Foron miles as persoas que sufriron en Galicia a violencia golpista cun tráxico final. Un mapa realizado a través da plataforma Nomes e Voces recolle a información de persoas reprimidas entre o ano 1936 e 1939.

As cidades con maior número de represaliados recollidos nas bases de datos foron Vigo e Ferrol. Con máis de 240 persoas vítimas do golpismo, lideran a lista de concellos por riba de Ourense, con entre 75 e 100 vítimas rexistradas. O número de persoas incorporadas á base de datos redúcese ata o rango de entre 31 e 75 en Tui, Pontevedra, Cangas e Fene. Tamén Vigo e Ferrol, sumado a Viveiro, son os puntos de Galicia onde máis están rexistradas detencións.

Publicidade

Unha vítima, unha historia

Pero moito máis que números, detrás de cada unha das vítimas hai unha historia. A plataforma inclúe nome e apelidos de cada un deles. Moitos foron executados tras un xuízo, que non contaba con ningún tipo de garantía, por rebelión militar. É o caso, por exemplo, de Manuel ‘Xabarín’ Fernández, natural de Vilamartín de Valdeorras, Ramón Acuña Iglesias, tranviario de Pontevedra e outros como José López Lago, albanel sentenciado a morte por sedición.

Outros foron ‘paseados’, un eufemismo utilizado porque en moitas ocasións as vítimas eran collidas polos falanxistas coa escusa de dar un paseo para posteriormente ser fusilados. É o caso, por exemplo, de Manuel Amoedo ou de Roberto Blanco, un xornalista preso en Celanova e ‘paseado’ en Entrimo.

Publicidade

O proxecto de investigación “Nomes e Voces” comezou en 2006 coa intención de recompilar información sobre a represión en Galicia durante a guerra civil e o franquismo. A información actualizada nos mapas tamén parte da axuda das investigacións realizadas polo grupo de investigadores HISTAGRA-CISPAC-USC. Estes datos axudan a poder realizar exhumacións das persoas fusiladas que, en moitas ocasións, acabaron en foxas. De feito, o grupo exhumou recentemente unha foxa en Asados (Rianxo) a Manuel Piñeiro Abeijón e a Francisco López Pérez.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Atopados os restos óseos de tres individuos na foxa común de Serantes 

A cata arqueolóxica coordinada por Histagra confirma a presenza dun enterramento irregular que podería acoller preto de 200 vítimas da violencia golpista

Un estudo revela como a Guerra Civil e o franquismo afectan 90 anos despois os familiares das vítimas

A investigación interdisciplinar identificou diferentes patróns psicolóxicos en función de se puideron recuperarse ou non os restos mortais da vítima

Localizada a foxa do Val en Narón, unha das máis grandes de Galicia

A investigación apunta a inhumación dun mínimo de 51 persoas entre 1936 e 1938 no cemiterio, e a maioría eran mariños, oficiais e suboficiais da Armada

O diario de Gerardo “Marianova”, o soldado lucense que deixou por escrito a súa experiencia na Guerra Civil

O investigador e familiar Pablo Rivera Capón analiza unhas memorias inéditas que relatan en primeira persoa as vivencias dun combatente galego