Vigo, entre as 20 cidades europeas con máis alertas de po sahariano de 2026

Un novo informe de Copernicus contabiliza nove xornadas con avisos no enclave galego, na súa maioría de intensidade moderada-alta

O po sahariano é un fenómeno que, en ocasións, aparece en Galicia sen previo aviso, e que, cada ano, fai chegar arredor de 2.000 millóns de toneladas de area e polvo á atmosfera —segundo a Organización Meteorolóxica Mundial (OMM)—. Un novo informe publicado polo Servizo de Monitoreo da Atmosfera do programa europeo Copernicus (CAMS), baixo o título CAMS Atmosphere Watch, proporciona información actualizada sobre o ozono, o po sahariano e o fume dos incendios. Entre os datos, hai un resultado clave para Galicia: Vigo sitúase entre as 20 cidades europeas con máis alertas de po sahariano en 2026, cun total de nove días no período avaliado.

Os datos proceden do servizo de alertas de aerosois de CAMS, a través do que se elaborou unha listaxe de cidades europeas de máis de 250.000 habitantes que rexistraron o maior número de avisos, clasificadas segundo o seu grao de intensidade. Dado que o deserto do Sáhara contribúe significativamente ao transporte de calixe, as cidades das Illas Canarias encabezan a clasificación, seguidas pola Valeta (Malta) e Córdoba. Con todo, no informe destacan a presenza de cidades do norte peninsular, con Vigo na décimo novena posición, e Oporto (Portugal) na onceava.

Publicidade

Das nove xornadas con alerta no enclave galego, a maioría corresponden ao nivel calificado como “High 2-3x”, é dicir, un aviso moderado/alto. A pesar de presentar unha franxa moi leve de nivel “Very high 3-5x”, non hai datos de xornadas con nivel extremo, a diferenza das cidades mediterráneas ou do sur peninsular.

Os movementos da calixe

Segundo a información publicada en GCiencia, os episodios en Galicia distribuíronse entre os meses de febreiro, abril e maio. Neste último houbo un episodio forte de calixe: a Xunta de Galicia activaba o día 21 o protocolo de actuación ante unha posible chegada de po africano polos efectos adversos que poden producir as partículas PM10 e PM2,5 na saúde humana. O gráfico compartido pola institución europea amosa que, durante os meses de verán, Vigo presenta cero días de alerta.

Publicidade

O informe de Copernicus explica que a actividade do po do Sáhara depende da estación, coa primavera como unha das épocas do ano máis propicias, a pesar de que en 2026 se rexistraron concentracións elevadas de PM10 en febreiro —coincidindo cos resultados de Galicia—. En condicións meteorolóxicas e atmosféricas habituais, o po africano transpórtase a través do Mediterráneo cara a Europa ou dende o Atlántico Norte ata o Caribe. Máis aló dos avisos, adóitase saber cando está presente no ambiente: ceos brumosos, unha luz solar atenuada e alaranxada. E, ademais dos posibles efectos na saúde, tamén constitúe unha fonte frecuente de contaminación atmosférica en Europa.

Gráfico das 20 cidades europeas con máis alertas de po sahariano en 2026. Extraído do informe de Copernicus.
Gráfico das 20 cidades europeas con máis alertas de po sahariano en 2026. Extraído do informe de Copernicus.

Podes acceder ao informe CAMS Atmosphere Watch na seguinte ligazón.

Andrea Veiga
Andrea Veiga
Graduada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a súa traxectoria profesional en GCiencia no ano 2024. Apaixonada pola redacción de reportaxes relacionados con animais, saúde e historia, tamén está interesada no ámbito das redes sociais, especialmente na creación de contido audiovisual para plataformas como TikTok.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha curtametraxe sobre os tesouros agochados baixo o mar da Mariña-Ortegal conquista Donosti

O biólogo focense Carlos Gil dá a coñecer a biodiversidade dos fondos galegos cun galardón no Ciclo Internacional de Cine Submarino de San Sebastián

Os premios Zendal galardoan avances en terapia xénica e diagnóstico de infeccións no gando porcino

A VII edición do certame recoñece dous proxectos de investigación que abren novas vías fronte a enfermidades priónicas e o uso responsable de antibióticos en animais

Tecnoloxía e psiquiatría únense para crear un banco de datos para investigar a saúde mental na adolescencia

Un equipo de atlanTTic, xunto con profesionais sanitarios, desenvolve VisIA-Q, un conxunto de información clínica e psicométrica de 207 adolescentes

A galega Gradiant desenvolve un modelo de atención integrada para os pacientes con feridas crónicas

A ferramenta creada polo centro tecnolóxico, en colaboración co IIS Galicia Sur, busca ofrecer unha asistencia máis personalizada, coordinada e eficiente