Por que as auroras boreais se ven de cor rosa en Galicia?

O fenómeno, ligado aos arcos aurorais SAR, é un reflexo afastado das luces polares que se producen nas altas latitudes, por riba dos 240 quilómetros de altura

Moitas persoas viaxan ata Islandia para poder contemplar as auroras boreais, sen saber que dende Galicia tamén é posible velas. Así, na madrugada do 12 de novembro, entre as 3:00 e as 5:00 horas, puido observarse un ceo tinguido de cores rosas e vermellas, concretamente no concello de Vila de Cruces.

Este espectacular fenómeno produciuse, por unha banda, debido a dúas fortes execcións de masa coronal do Sol cara á Terra, que transportaron plasma solar a unha velocidade de arredor de 1.500 quilómetros por segundo. Por outra banda, tamén se explica pola presenza dunha tormenta solar severa de categoría 4. O Sol mantén nestes días unha intensa actividade, e a nova tormenta acadou unha magnitude de X5.3, unha das máis altas rexistradas nos últimos anos.

Publicidade

O Space Weather Prediction Center emitiu un aviso pola potencia desta tormenta e advertiu de que podería deixar novas auroras boreais visibles no ceo. Con todo, as posibilidades de observalas dende Galicia reducíronse pola presenza da borrasca Claudia, que mantén o ceo cuberto de nubes en boa parte do territorio.

Auroras boreais: verdes ou rosas?

Se se as imaxes de auroras boreais que adoitan aparecer nas redes sociais son verdes, por que en Galicia se ven de cor rosa? Segundo informa o investigador Josep M. Trigo Rodríguez nun artigo publicado en The Conversation, trátase dos chamados arcos aurorais SAR (acrónimo de Stable Aurora Red arch ou Arcos Vermellos Estables). Son un reflexo afastado das auroras que se producen a grande altura nas latitudes boreais, e adoitan percibirse mellor a través da cámara pola súa maior sensibilidade. A intensidade das súas cores depende da actividade xeomagnética.

Publicidade

Trigo Rodríguez sinala que, nas latitudes medias, como a que ocupa Galicia, o habitual é observar unicamente auroras SAR. Aínda que tanto as auroras verdes como as vermellas ou rosadas están relacionadas co osíxeno, a súa cor varía en función da altura e da concentración deste elemento na atmosfera.

Aurora boreal en Vila de Cruces. Foto: José Ramón Moire
Aurora boreal en Vila de Cruces. Foto: José Ramón Moire

O meteorólogo Mario Picazo comparte en X a seguinte información: mentres as auroras verdes poden verse ata uns 240 quilómetros de altura e se producen en zonas con altas concentracións de osíxeno, as auroras vermellas son visibles durante períodos de intensa actividade solar debido á escaseza de osíxeno, como ocorre nestes días, e poden observarse por riba dos 240 quilómetros de altura.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como de sostible é o teu concello segundo os obxectivos para 2030? Compróbao neste mapa interactivo

A UVigo desenvolve unha plataforma aberta que avalía o grao de cumprimento dos 17 ODS a partir de 69 indicadores

Investigadores analizan macroalgas verdes mariñas para impulsar a súa valorización en Galicia

Un equipo da UVigo estuda os polisacáridos do xénero Codium da costa galega como fonte de novos ingredientes funcionais

Unha tese identifica unha Escola Galega de Percusión con ritmos e técnicas propias

A investigación de Cristian Silva Bóveda na USC recupera a historia dos intérpretes relegados e descifra os patróns de gravacións do século XX

Galicia está entre as zonas cun maior declive de polinizadores de Europa

Entre os anos 1921 e 2020, na rexión atlántica diminuíu un 42% a ocupación das especies de abellas e nun 32% a dos sírfidos