As espectaculares imaxes de auroras boreais en Vila de Cruces

A borrasca Claudia impedirá que unha nova tormenta solar sexa visible na maior parte Galicia, que estará cos ceos cubertos

Auroras boreais en Galicia. Concretamente, no concello de Vila de Cruces. Así o capturou o fotógrafo José Ramón Moire, que compartiu estas espectaculares imaxes que amosan o ceo galego tinguido de vermello entre as 3 e as 5 da madrugada. As fotografías tomadas durante esta noite foron a consecuencia de dúas fortes execcións de masa coronal do Sol cara a Terra, transportando plasma solar a 1.500 quilómetros por segundo. O evento solar produciuse onte, xa que tardan unhas horas en chegar á Terra.

“Ás 3.20 vin na AEMET (Axencia Estatal de Meteoroloxía) que había posibilidades de auroras, saín e estaba un pouco despexado así que probei sorte”, explica Moire. O fotógrafo subiu ata o monte Mandanela, en Vila de Cruces, para capturar as imaxes. “A mellor parte foi ás 4.30 cando se vían a simple vista“, destaca.

Publicidade

Vídeo de José Ramón Moire en Vila de Cruces.

Máis auroras boreais?

Isto súmase á tormenta solar severa, de categoría G4, que vai afectar á Terra nas próximas horas. O Sol segue agora con moita actividade e unha nova tormenta acadou unha magnitude de X5.3, unha das máis altas nos últimos anos. Especialmente pola súa velocidade, que se estima en 1.700 quilómetros por segundo. E xusto pola súa potencia publicouse un aviso desde a Space Weather Prediction Center e que afecta a Galicia, porque podería deixar estampas no ceo de auroras boreais como as que capturou Moire. Por desgraza, é moi improbable que sexan visibles en calquera punto da comunidade xa que todo o territorio está cuberto polas nubes que deixa a borrasca Claudia, segundo MeteoGalicia. A única opción sería que clarease nalgunhas zonas.

O fenómeno estímase que podería chegar cara á noite da xornada deste mércores, horas nas que unha parte importante de Galicia (Pontevedra e o suroeste da Coruña) está en alerta amarela ou laranxa, como no caso do oeste da Coruña. Só nalgúns puntos, como no norte da provincia de Lugo, as precipitacións serán menos probables en comparación co resto de Galicia, onde serán persistentes.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo galego constata que o despoboamento rural e o envellecemento favorecen os grandes incendios

Un informe elaborado por Juan Picos e o Eixo Atlántico analiza os lumes producidos na última década en preto de 5.000 entidades locais de España, Portugal e Francia

Unha dina ao oeste da península impulsa aire atlántico e provoca unha semana de inestabilidade en Galicia

A previsión apunta ceos nubrados, chuvias febles na fachada atlántica e temperaturas suaves. A influencia anticiclónica recuperarase de cara á fin de semana

Canto creceron as cidades galegas nos últimos 10 anos? Descúbreo neste mapa interactivo

A plataforma World Settlement Footprint Tracker sinala que tan só o 1,56% da superficie galega está ocupada por urbes ou contornas urbanas

O tesouro micolóxico da illa de Cortegada: é o lugar do mundo con máis densidade de fungos

O micólogo Saúl de la Peña atopou no enclave das Illas Atlánticas 1.500 tipos de cogomelos, cando se estima que hai uns 2.000 en toda Galicia