Novo espolio en Vimianzo: estragada outra histórica alvariza en monte Faro

O patrimonio de Cova do Raposo está preto de onde estaba a pedra furada que desapareceu e outra estrutura danada pola actividade madeireira

Volveu a ocorrer. Xa é o terceiro caso que se rexistra de patrimonio danado en monte Faro, en Vimianzo. Esta vez, na alvariza de Cova do Raposo. É aproximadamente nos mesmos puntos onde se produciu o roubo da pedra furada e o dano doutra alvariza. A diferenza é que no caso da anterior, foi froito do dano de actividade madeireira. Neste caso, o dono da parcela afectada non entende como puido acabar así un patrimonio que data do século XVIII ou incluso antes.

Imaxe da alvariza de Cova do Raposo tras os danos.

A situación foi detectada polo propio dono na xornada deste mércores. A diferenza do antes e o despois é visible nas fotos. Carme Toba, socia fundadora da Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego (Apatrigal), explica que aínda non se sabe quen puido ser o responsable, pero que considera que non é xente do pobo. “Os oriúndos xa sabemos que existen e ninguén as toca, salvo que sexan madeireiros”, recalca. O que si apunta é que debeu utilizarse algún tipo de maquinaria. “Esas lousas non se poden mover a pulso”, recorda.

Publicidade

Máis de 300 anos

As alvarizas rexistradas na zona non teñen unha datación concreta, pero os rexistros do Marqués da Ensenada (1702 – 1781) apuntan a que son do século XVIII ou aínda antes. Son estruturas tradicionais, únicas da Costa da Morte e que se utilizaban para protexer as colmeas das abellas. Desta forma, as abellas podían realizar a súa labor protexidas das inclemencias do tempo e como guarida ante certos animais.

Imaxe da alvariza antes dos danos.

“Ter unha alvariza e lacenas de abellas nas casas era un excedente que tiñan os labregos”, explica. Toba destaca que, ademais, naquela época a cera era moi importante e estaba presente na vida dunha persoa “desde a nacenza ata a morte”. Era cando non había luz, e a cera era moi cotizada (especialmente se era branca) polo seu uso para a igrexa, liturxias, nacenzas, enterros, misas, velorios e para iluminar as casas, asegura. “Iso aprendino do maior estudoso de eiras de cera de toda España, Damián Copena”, recalca Toba. O caso súmase aos últimos casos rexistrados nesta zona de Vimianzo, que aínda se pregunta como desapareceu a pedra furada.

1 comentario

  1. Triste desgraza do espolio da alvariza de Monte Faro, en Vimianzo. Este feito están acontecendo en Galicia en pleno século XXI, cando se presupón que a xente ten un mínimo de cultura e debería respetar os nosos monumentos, pero non. Algúns galegos pensan que poden estragar o noso patrimonio ancestral como se non importara.
    En Galiza hai desfeitas en moitos lugares realizadas por madereiros e non madereiros, así , p-ex.as empresas que implantan eólicos en Galicia,van ao negocio, dalles igual se hai petroglifos nas zonas que a Xunta do PP lles permite instalarse (que é toda Galicia).Non hai ningún control por parte dos responsables da Xunta,dos estragos causados na súa instalación algo que debería ser obrigatorio.
    En definitiva,un pobo que non respeta o seu patrimonio e que non obriga a respetalo, é un pobo inculto e vandálico , como está acontecendo na nosa terra.
    Espero que as autoridades competentes investiguen e castiguen con altas penas a quen causa estos destrozos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

De hórreos a torres medievais: 18 bens patrimoniais galegos entraron na Lista Vermella no último ano

Dez monumentos están en Lugo, catro na Coruña, dous en Ourense e dous en Pontevedra, segundo o catálogo da asociación Hispania Nostra

Mámoas roubadas e usadas como ramplas para motos: está en risco o patrimonio galego?

Os danos a elementos como petróglifos son relativamente habituais e en parte débese á súa fraxilidade e á dispersión da poboación en Galicia

Un pombal na Coruña e dúas antigas escolas en Cenlle entran na Lista Vermella do Patrimonio

Só no que vai de 2025, 14 novas estruturas foron incorporadas á catalogación realizada por Hispania Nostra, das cales tamén hai Bens de Interese Cultural

A cara B da destrución do lume: o patrimonio cultural e arquitectónico arrasado polos incendios

As lapas arrasaron igrexas, aldeas e xacementos arqueolóxicos, deixando ao descuberto a vulnerabilidade do legado histórico e da arquitectura tradicional galega sen medidas