Nove petróglifos saen á luz na Costa da Morte tras 4.500 anos de silencio

Os motivos dos gravados son frecuentes do Grupo Galaico da Arte Atlántica, con coviñas, cazoletas combinados con círculos concéntricos

Vimianzo xa é un centro de petróglifos en Galicia. É, de feito, o gran foco de descubrimento deste patrimonio na zona da Costa da Morte. O confirman os novos petróglifos que foron achados e analizados polo colectivo A Rula. Trátanse de gravados típicos da arte atlántica, de tipoloxía xeométrica e, segundo os análises feitos por A Rula, de hai uns 4.500 anos.

“É moi positivo e moi interesante, cada vez crece máis o número de petróglifos coñecidos na zona da Costa da Morte“, destaca o presidente de A Rula, Luis Leclere. Dos nove paneis achados, cinco seguen en bo estado, un par en regular e outros dous en mal estado. Tres deses últimos catro vense especialmente afectados pola actividade realizada polos canteiros, que chegaron incluso a seccionar algúns dos motivos. Tamén un deles está moi afectado polo dano do lume.

Publicidade

Os petróglifos teñen como motivos as coviñas e os aneis, moi habituais nos gravados do Grupo Galaico da Arte Atlántica e dos outros da Costa da Morte, con algunhas excepcións. Entre as combinacións, hai unha ducia de círculos concéntricos e, ao igual que nos achados anteriormente na zona de Vimianzo, algunhas teñen coviñas e cazoletas no interior, que están unidas mediante sucos. “Presenta unha notoria beleza artística e posúe un enorme valor cultural”, afirman desde A Rula.

Fotogrametría dalgúns dos gravados achados. Foto: A Rula.

Ben de Interese Cultural

Esta primeira análise é, polo menos de momento, o estudo máis profundo que verán estes petróglifos durante un tempo. “Non hai ningún grupo de investigación en Galicia que se adique de forma específica ao estudo da arte rupestre“, asegura Leclere. Si hai, recorda, algúns investigadores que en ocasións realizan investigacións, pero son puntuais.

Publicidade

Ao ser un petróglifo conta coa protección de Ben de Interese Cultural. Porén, a súa falta de catalogación fai que, na práctica, non teña o mesmo grao de protección. Isto é, segundo defende o activista, porque é importante para que quede rexistrado e se poida protexer. De feito, nin sequera os anteriores, os achados en 2019, están tramitados. “Cada vez que solicitamos a súa catalogación a resposta é a mesma: o silencio administrativo”, comenta o presidente de A Rula. Iso si, destaca a colaboración do Concello de Vimianzo, que asegura que si está moi implicada na xestión deste patrimonio na zona e que axuda a protexer a contorna.

Reforzar a súa protección

Os petróglifos acháronse nun outeiro entre o monte de San Bartolo, de Cornado, de Monte Chan e a Cruz do Loureiro. Está a só 43 metros das atopadas no ano 2019. Os expertos atopáronas mentres realizaban os traballos previos para a ruta nocturna “Noite de Petros”, organizado co Concello de Vimianzo e que pasa polas estacións de petróglifos da zona. “Logo de analizar o petróglifo, podemos dicir que Somontemío 1 e 2 forman un conxunto de elevado interese, tanto polo abundante número de gravados como polo grande tamaño”, aseguran desde A Rula.

“É importante, como pode ser neste caso, ter un financiamento para o seu coidado, que aínda que moitas veces poida non ser moi grande pero que sexa constante“, afirma. Para reforzar a súa protección, nalgúns casos, os gobernos locais valoran a compra dos terreos para protexer máis directamente a súa xestión.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Mámoas roubadas e usadas como ramplas para motos: está en risco o patrimonio galego?

Os danos a elementos como petróglifos son relativamente habituais e en parte débese á súa fraxilidade e á dispersión da poboación en Galicia

Estragan unha alvariza de máis de 200 anos en Vimianzo: este é o antes e o despois

As estruturas tradicionais para protexer as colmeas das abellas forman parte dun patrimonio único na Costa da Morte

Unha nova visión da arte rupestre: reconstrúen en 3D os petróglifos de Campo Lameiro

Un equipo da USC e do CISPAC defende o uso de técnicas dixitais para rexistrar con precisión motivos deteriorados ou ocultos pola vexetación

Desaparece a Pedra do Encanto, unha das xoias patrimoniais de Vimianzo

Segundo Apatrigal, o penedo carece de protección oficial e a súa ausencia evidencia a vulnerabilidade da herdanza natural non catalogada en Galicia