Unha nova visión da arte rupestre: reconstrúen en 3D os petróglifos de Campo Lameiro

Un equipo da USC e do CISPAC defende o uso de técnicas dixitais para rexistrar con precisión motivos deteriorados ou ocultos pola vexetación

Un equipo da Universidade de Santiago (USC) e do Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC) documentou os petróglifos do Parque Arqueolóxico da arte rupestre de Campo Lameiro empregando técnicas de fotogrametría terrestre e aérea (con dron) para xerar modelos tridimensionais de alta resolución, co obxectivo de garantir a conservación, o estudo e a difusión deste patrimonio.

Os resultados desta investigación presentáronse recentemente no CISPAC, xa que o proxecto RUPESTR3D, liderado por Alia Vázquez Martínez e Alexis Maldonado Ruiz, foi quen se fixo en 2024 cunha das tres axudas do Programa Xan de Forcados que convoca anualmente o centro con sede no Edificio Fontán.

Publicidade

O equipo documentou en 3D, analizou e xeolocalizou os petróglifos do Parque, e tamén elaborou un visor web interactivo que permite tanto a especialistas como ao público xeral acceder a representacións tridimensionais dos paneis cos seus motivos gravados. O uso das técnicas dixitais evidencian o impacto positivo das tecnoloxías na documentación e conservación da arte rupestre “xa que permiten rexistrar con precisión motivos deteriorados ou ocultos pola vexetación, contribuíndo así a unha mellor comprensión e preservación das estacións rupestres ao aire libre”, explican o autor e a autora da investigación. Ademais, engaden, “favorece o coñecemento e a protección deste patrimonio cultural”.

Levantamento fotogramétrico levado a cabo mediante RPAS.

Os resultados do proxecto RUPESTR3D presentáronse anteriormente no marco das  I Xornadas Internacionais da Arte Rupestre Atlántica no Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha reconstrución dixital amosa a representación da ‘Odisea’ nunha columna da catedral de Santiago

Un profesor da USC relaciona as viaxes de Ulises coas que leva a cabo un peregrino seguindo a fe do cristianismo a través da iconografía da construción

“Perdeu a vista nun ollo pola malleira”: a pegada da violencia machista no arquivo do psiquiátrico de Conxo

A investigadora da USC Noelia Valiño rescata 23 historias clínicas que recollen evidencias das agresións físicas, verbais e psicolóxicas sufridas por mulleres entre 1937 e 1973

Atopados os restos óseos dun individuo durante a escavación da foxa de Beira, en Carral

Un equipo da USC busca espazos de violencia franquista na parroquia coruñesa, onde foron enterradas entre agosto e setembro de 1936 un mínimo de 18 vítimas na contorna da igrexa

Unha recreación dixital devolve ao retrato do Mestre Mateo no Pórtico da Gloria a súa apariencia medieval

A investigación da USC e do CISPAC combina análise histórica e tecnoloxía 3D para reconstruír a forma e policromía orixinais do "santo dos croques"