Descobren novos petróglifos en Campo Lameiro con armas e animais

Un equipo conformado por persoal investigador do Grupo de Estudio para la Prehistoria del Noroeste Ibérico (GEPN) e do Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro atoparon dous novos petróglifos no entorno deste parque. Ademais dun de combinacións circulares e diferentes coviñas, “típico da arte rupestre galaica” segundo os investigadores, atopouse outro no que destaca unha arma de grandes dimensións en posición pasiva rodeada de diferentes animais, na súa maioría cervos, “algo completamente inusual na arte rupestre”.

Alia Vázquez Martínez
Miguel Carrero Pazos (GEPN)  e Benito Vilas Estévez (do Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro), explican que “é, sen dúbida, unha das descubertas mais importantes dos últimos anos, e é un petróglifo que fai reformularse teorías previas entre as asociacións de armas e animais, e que axuda a comprender mais amplamante a dimensionalidade e potencial da arte”. O achado “mostra todo o que aínda nos queda por coñecer e os descubrimentos que están por vir”.

O achado fai reformularse teorías históricas da asociación de armas e animais

Este achados forman parte das actividades do proxecto de ‘Documentación dos cervos de Campo Lameiro mediante técnicas 3D’ que dirixe o profesor Antón A. Rodríguez Casal e que conta co asesoramento científico do catedrático Ramón Fábregas Valcarce. Mentres que o primeiro dos petróglifos se sitúa a escasos metros do aparcamento do centro o segundo estaba a escasos 250 metros, na zona de Outeiro de Chan de Isca. Destaca este petróglifo polo seu bo estado de conservación e por ser a primeira arma do entorno inmediato do parque.

Publicidade

Ademais desta referencia, o equipo considera singular a presenza dunha manada de mais de 25 animais polo de agora, aglomerados en torno a rocha, no que destacan figuras de un máximo de 15 centímetros de lonxitude, “sendo dos mais pequenos coñecidos e que demostran a gran habilidade que debeu de posuír o gravador ou gravadora que os realizou”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A tala de piñeiros pon en “grave risco” un conxunto de petróglifos en Outeiro de Rei

Dúas asociacións alertan de que a corta de árbores na parroquia de Parada se está a realizar sen medidas de protección patrimonial

Unha nova visión da arte rupestre: reconstrúen en 3D os petróglifos de Campo Lameiro

Un equipo da USC e do CISPAC defende o uso de técnicas dixitais para rexistrar con precisión motivos deteriorados ou ocultos pola vexetación

As pinturas rupestres máis antigas do mundo teñen 50.000 anos e atópanse en Indonesia

Un debuxo de figuras humanas que interactúan cun porco salvaxe foi descuberto na illa de Sulawesi

Galicia e Portugal compartían no Paleolítico un corpus artístico que revela nexos culturais

Dúas investigacións descobren os paralelismos existentes entre representacións de máis de 9.000 anos de antigüidade en Cova Eirós e o val do Côa