Sábado 20 Abril 2024

Coñecer os efectos do medio mariño con obradoiros a pé de praia

Coñecer os efectos que sobre o medio mariño está a provocar a actividade humana con especial atención ás especies invasoras ou á acidificación que sofren os océanos está ao alcance de calquera persoa que na vindeiras semanas decida achegarse ás praias de Cedeira, Marín, A Illa de Arousa e Cangas. O programa de divulgación científica Mergúllate no Océano de Campus do Mar segue o seu percorrido tras comezar a pasada ponte na praia de Samil en Vigo, onde máis de 1500 persoas coñeceron da man de profesionais da investigación algúns dos secretos que agocha e as ameazas que asexan ao medio mariño.

Así, tras recalar os días 23, 24 e 25 de xullo na praia viguesa, o programa continuará percorrido a vindeira fin de semana pola praia da Magdalena na localidade coruñesa de Cedeira, onde se desenvolverán os oito obradoiros divulgativos mariños, que integran Mergúllate no Océano, e nos que “a través de experimentos sinxelos, simulacións e xogos os e as participantes poden ir descubrindo curiosidades sobre os mares e océanos, así como aprender e obter coñecementos específicos relacionados estreitamente coa investigación que se está a desenvolver nas universidades e centros que integran o Campus do Mar”, explica Jorge de los Bueis, coordinador do proxecto.

Publicidade

Persoal especializado en divulgación científica, con titulación universitaria e experiencia na transmisión de coñecementos, é o encargado de impartir os obradoiros nos que as persoas que a eles se acheguen poderán descubrir desde como se forma unha onda a de onde vén o peixe que consumimos. Mogor en Marín, Area da Secada na Illa de Arousa e Rodeira en Cangas son os areais que completan este verán o percorrido dos obradoiros oceanográficos organizados por Campus do Mar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Aparecen centos de medusas mortas na praia de Nerga

Unha das hipóteses que podería explicar o fenómeno é que as correntes e o vento levasen a case 200 exemplares a varar no areal de Cangas

A praia de Barra agocha unha aldea soterrada: un cambio climático invadiu todo de area hai 500 anos

Unha investigación publicada por Andrés Pino analiza o impacto social e económico da Pequena Idade do Xeo no asentamento de Cangas

Atopada en Cedeira a primeira forxa completa da época galaico-romana de Galicia

O achado súmase a outros destacados como a estrutura dun balneario castrexo, unha pedra formosa ou unha moeda romana de Vibia Sabina, a esposa de Adriano

Confirmada a presenza do mosquito tigre en Cangas

Identificouse un exemplar neste concello, que xa se suma aos de Vigo e Moaña como municipios afectados por esta especie invasora