Alerta laranxa por ventos de 130km/h: estas son as zonas afectadas en Galicia

As frontes atlánticas deixarán avisos a causa dos refachos, sobre todo no litoral norte e nas zonas de montaña

As precipitacións volverán ser protagonistas nos vindeiros días en Galicia. Dende o Atlántico chegarán novas frontes que deixarán abundantes chuvias e fortes ventos en boa parte da comunidade. Segundo elTiempo.es, as rexións do oeste peninsular serán as máis afectadas, con acumulacións de ata 50 milímetros de chuvia en puntos de Galicia.

Ademais da auga, o vento tamén terá un papel destacado. A partir do mércores, o sistema frontal avanzará cara ao leste, percorrendo a Península ata o Mediterráneo. As rachas máis intensas rexistraranse en Galicia, pero tamén se farán notar na veciña Castela e León.

Publicidade

En zonas altas do territorio galego poderían superarse os 80 a 110 km/h, polo que se activarán avisos laranxas por fortes ventos e mar combinado no litoral. No mar, agárdanse ventos de forza 8 nas Rías Baixas ata as 15 horas, mentres que na Costa da Morte soprarán ventos intensos do sur. Pero, cales serán as zonas máis afectadas polos fortes refachos de vento?

Punta Candieira, Penedo do Galo e Punta Langosteira

As provincias do norte de Galicia están a rexistrar os refachos de vento máis intensas desta xornada, segundo datos de MeteoGalicia. Punta Candieira, en Cedeira (A Coruña), encabeza a lista co valor máis alto: 130,6 km/h, rexistrados ás 11:20 horas deste martes, 4 de novembro.

Publicidade

Tamén destacan Penedo do Galo, en Viveiro (Lugo), e Punta Langosteira, en Arteixo (A Coruña), onde ás dez da mañá se mediron refachos superiores aos 100 km/h. En concreto, 111,4 e 101,4 km/h, respectivamente.

Pola súa banda, Burela (Lugo) e Lira, en Carnota (A Coruña), quedaron algo por debaixo, con 98,3 km/h e 94,9 km/h, respectivamente. Estes datos confirman a intensidade dos ventos fortes que están a varrer Galicia, acompañados de chuvias intermitentes que se manterán ao longo do mércores 5.

Andrea Veiga
Andrea Veiga
Graduada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a súa traxectoria profesional en GCiencia no ano 2024. Apaixonada pola redacción de reportaxes relacionados con animais, saúde e historia, tamén está interesada no ámbito das redes sociais, especialmente na creación de contido audiovisual para plataformas como TikTok.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla