Alerta amarela por un tren de borrascas que impactará en Galicia

MeteoGalicia avisa de que a fronte que chegará o xoves será máis intensa que a da xornada do martes, na que xa hai dous avisos por precipitacións

Tras un verán e un primeiro mes de outono con menos precipitacións do habitual, as choivas volven con forza a Galicia, segundo avisa MeteoGalicia. Coa perda de influenza do anticiclón, durante a xornada deste martes entra unha fronte que seguirá nubrando os ceos desde o sur. A partir do mediodía, experimentaranse choivas que poderán ser de moita intensidade e localmente treboentas. Pola forza destas precipitacións, a institución meteorolóxica emitiu un aviso amarelo no litoral de Pontevedra e o suroeste da Coruña. A alerta amarela permanecerá activa a partir das 12 da mañá e ata as 3 da madrugada.

A primeira das borrascas, a deste martes, que xa está presente no suroeste de Portugal, entrará desde o sur e deixará choivas intensas, explica Joel Cid, técnico de MeteoGalicia. Ademais, tamén descenderán as máximas: os termómetros non superarán os 19 graos en Pontevedra e Vigo. A temperatura máis baixa entre as sete cidades galegas estará en Lugo, con mínimas de 4 graos. Xa na pasada noite houbo varios puntos de Galicia nos que as mínimas foron baixas. En Verín, ás 6:30 rexistráronse temperaturas baixo cero e en Calvos de Randín, Sarria e Guitiriz estiveron por debaixo dun grao.

Publicidade

A xornada no mércores será inestable, con chuvascos que pola mañá estarán máis presentes na metade oeste e que se expandirán pouco a pouco cara a metade este de Galicia. A fronte non provocará que haxa moito vento, que serán frouxos en xeral malia que moderados no litoral.

Un Samaín pasado por auga

Tamén este mércores un choque de masas de aire formará unha borrasca que se achegará á zona oeste de Europa. Malia que se dirixirá a Irlanda, unha fronte asociada chegará a Galicia. Deixará ceos cubertos e choivas, máis intensas na segunda metade do día. Cid apunta a que tamén se prevé a activación de avisos por choivas e por ventos. A fronte será bastante estática e é probable que deixe precipitacións máis intensas que na borrasca anterior. Xusto por ser estacionaria, os modelos apuntan a que a xornada do venres 31 de outubro, cando se celebra o Samaín, estará pasada por auga.

Publicidade

As temperaturas mínimas serán similares e ata algo máis elevadas ás destes días pero as máximas descenderán levemente. Por exemplo, en Santiago de Compostela, os modelos apuntan a que non se superarán os 14 graos. Neste caso, os ventos si soprarán con forza de compoñente sur, fortes no literal e en zonas altas e de forma moderada no resto de Galicia.

Para a fin de semana tras o paso da fronte do xoves, a situación podería cambiar. Cid apunta a que aínda é cedo e que moitos factores poden cambiar a previsión do sábado. Porén, a choiva podería dar un descanso en moitos puntos da comunidade, cun día máis seco.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia rexistrou o cuarto abril máis seco da serie histórica

MeteoGalicia indica que a precipitación media acumulada foi de 35 litros por metro cadrado, que é un 69% inferior ao frecuente neste período

Galicia rexistra preto de 1000 raios en 24 horas e activa a alerta amarela por tormentas

O interior de Pontevedra concentrou a maior actividade eléctrica, con treboadas localmente fortes previstas para o mércores

Que son os raios crepusculares? Descubre os feixes de luz que desafían ás nubes

Este fenómeno óptico atmosférico, que se manifesta como columnas luminosas visibles, foi capturado na Illa de Sálvora

Fin de semana de inverno exprés: unha fronte fría descenderá as temperaturas ata os 17 graos

Ourense, Lugo e Santiago de Compostela vivirán os maiores contrastes térmicos do episodio tras máximas que rozarán os 30ºC