Publicidade
Mércores 14 Maio 2025
Publicidade

Galicia conta 196 mortes por temperatura no que vai de ano, un terzo máis que en 2024

O aumento en comparación co ano pasado deuse en febreiro e marzo, que dobraron as cifras de falecementos por frío

As temperaturas, por baixas en inverno e altas en verán, causan cada ano centos de mortes en Galicia, xeralmente persoas maiores con estados de saúde delicados que complican as oscilacións térmicas extremas. Segundo datos do Instituto de Saúde Carlos III (ISCIII), a comunidade galega contabiliza 196 mortes atribuídas ás temperaturas no que vai de ano, a meirande parte delas por frío nos tres primeiros meses de 2025.

Unha cifra que supón un 33% máis das que se produciron no mesmo período de tempo do pasado ano. Do 1 de xaneiro ata comezos de maio de 2024 foran 147 os falecementos vinculados ás temperaturas. Nese mesmo período de tempo, en 2025 van 196, das que pouco máis de 4 se estiman que foron por mor calor, fundamentalmente nas xornadas de abril nas que Galicia viviu temperaturas máis propias do verán.

Publicidade

O desfase entre as cifras do pasado ano explícase no que aconteceu en febreiro e marzo. Despois dun xaneiro no que en 2025 só se deron tres mortes máis por frío en comparación con 2024, a suma dos meses de marzo e febreiro é de 58 falecementos, máis do dobre que os rexistrados no segundo e terceiro mes de 2024, cando se contabilizaron 39 polos 97 de 2025.

Exceso de mortladade por temperatura en Galicia entre xaneiro e maio de 2025 (Fonte MoMo).

O sistema de monitorización do Instituto de Saúde Carlos III apunta a 12.541 defuncións en Galicia no que vai de ano, 229 máis das agardadas. A cifra supón unha caída respecto do ano pasado, cando o número de falecementos fóra das estimacións previas acadou as 311, das que menos da metade foron por causas asociadas ás temperaturas (148).

Publicidade

Nos primeiro cuarto de ano, baixa o exceso de mortaldade pero incrementa de forma significativa o peso dos decesos por frío ou calor. Se o ano pasado as temperaturas explicaban o 48% dos falecementos non agardados, este ano supoñen o 85%. Por sexo, o 55,5% dos falecidos por causas térmicas eran homes (105), e o 45,5%, mulleres (91).

Gráfica do exceso de mortaldade durante o primeiro cuarto de 2024 (Fonte: MoMo)

Que é o MoMo

 Sistema de Monitorización da Mortalidade Diaria MoMo é a ferramenta desenvolvida polo Instituto de Saúde Carlos III para calcular, en base a estimacións, o exceso de defuncións que pode atribuírse ás temperaturas, ben por un exceso de calor ou de frío.

Para isto, o sistema utiliza os datos consolidados de defuncións do Instituto Nacional de Estatística (INE), as temperaturas segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) e os grupos poboacionais por idade, sexo e provincia, extraídos do INE.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un vertedoiro dun quilómetro cadrado xunto a unha xoia do Parque Nacional

Un informe ministerial abre a porta á reapertura da zona preto da illa de Sálvora para depositar a dragaxe do Lérez, cerca da fábrica de ENCE

Volve a calor… pero non por moito: paréntese anticiclónica antes do regreso do aire frío

Fin de semana de temperaturas altas co sur roldando os 30 graos, pero o panorama mudará de novo a partir do domingo

A revolución inminente na escoita do cosmos para achegarse ao Big Bang desde Galicia

O proxecto LISA multiplicará a capacidade de investigadores como os do IGFAE que escudriñan os sinais do cosmos para entendelo

Identificada a misteriosa doenza paralizante que mingua as poboacións de gaivotas

Un estudo con participación do Oceanográfico de Vigo vincula ao botulismo a enfermidade que causa milleiros de mortes en aves mariñas