O CSIC analiza a luz do Sol para mellorar o cultivo do mexillón

A radiación solar permite predecir o período e a intensidade da captación de larvas e sementes de mexillón. Esta é a principal conclusión extraída dun minucioso estudo realizado polo CSIC, que acaba de ser publicado na revista Scientific Reports, do grupo Nature. O traballo está asinado polos investigadores galegos Isabel Fuentes Santos, Uxío Labarta, Xosé Antón Álvarez Salgado e María José Fernández Reiriz, e forma parte dun amplo programa de investigación que desde hai dous decenios veñen desenvolvendo o CSIC e o grupo Proinsa, dedicado á produción de mexillón. O programa, que se leva a cabo na ría de Ares e Betanzos, ten como un dos seus obxectivos a mellora das estratexias de captación e cultivo das sementes do bivalvo. Este é un factor moi importante para o éxito comercial.

O traballo de campo desenvolveuse na ría de Ares e Betanzos

Para comprender o importante avance que supón este último estudo, é preciso coñecer o ciclo vital deste molusco. Divídese en dúas fases: unha primeira, larvaria, na que as crías nadan ata atopar un sustrato adecuado para fixarse; e unha segunda fase, a sésil, na que xa se pegan a dito sustrato. A conexión entre estas dúas fases é o asentamento larvario, que está determinado pola produción de larvas (ciclo reprodutivo) e a súa capacidade de supervivencia, desenvolvemento e crecemento. Así, detectar os factores ambientais que favorecen estes procesos é clave para unha produción óptima.

Publicidade

O estudo do CSIC tivo en conta, por primeira vez, a relación entre a radiación solar sobre o asentamento larvario. Tras analizar os resultados, os investigadores concluíron que a intensidade da radiación determina o comezo do período de asentamento. Deste xeito, un maior nivel de radiación solar a comezos de ano adianta a desova, mentres que se o sol sae pouco no inverno, o inicio do asentamento pódese retrasar ata xuño. Esta información permite predecir o inicio e a fin do período de captación de semente cun mes de antelación.

Debido a isto, os resultados deste traballo proporcionan unha ferramenta de gran utilidade para mellorar as estratexias de captación de semente nas rías, e desta maneira,  mellorar o proceso produtivo en Galicia, o segundo país produtor de mexillón no mundo, só por detrás de China.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo galego constata que o despoboamento rural e o envellecemento favorecen os grandes incendios

Un informe elaborado por Juan Picos e o Eixo Atlántico analiza os lumes producidos na última década en preto de 5.000 entidades locais de España, Portugal e Francia

Unha dina ao oeste da península impulsa aire atlántico e provoca unha semana de inestabilidade en Galicia

A previsión apunta ceos nubrados, chuvias febles na fachada atlántica e temperaturas suaves. A influencia anticiclónica recuperarase de cara á fin de semana

Canto creceron as cidades galegas nos últimos 10 anos? Descúbreo neste mapa interactivo

A plataforma World Settlement Footprint Tracker sinala que tan só o 1,56% da superficie galega está ocupada por urbes ou contornas urbanas

O tesouro micolóxico da illa de Cortegada: é o lugar do mundo con máis densidade de fungos

O micólogo Saúl de la Peña atopou no enclave das Illas Atlánticas 1.500 tipos de cogomelos, cando se estima que hai uns 2.000 en toda Galicia