Multi-Forest: o bosque laboratorio galego que busca revolucionar Baroña

Un novo proxecto no concello de Porto do Son (A Coruña) propón revalorizar terreos de forma sostible a través de estudos de campo e imaxes satelitais

Un mundo de problemas acurralan os montes galegos. Só neste verán, o cambio climático provocou temperaturas extremas, causantes de incendios que arrasaron máis de 200.000 hectáreas. Ante isto, xorde unha proposta que busca revalorizar os bosques pero evitando os problemas que poñen en risco estes espazos. Iso foi o que levou a Comunidade de Montes de Baroña (Porto do Son, A Coruña) a planear o proxecto Multi-Forest.

A iniciativa aposta por unha xestión multifuncional, que busque a eficiencia e que utilice a dixitalización e a produción ecolóxica certificada para revalorizar os terreos. Unha especie de bosque e laboratorio que axude a ter un monte produtivo e sostible. Por iso, están a empregar imaxes satelitais Sentinel-2 combinadas con estudos de campo. A intención é saber que hai en cada parcela e como pode evolucionar co tempo de cara a poder planificar con antelación.

Publicidade

Un dos descubrimentos que realizaron foi que, nos últimos 10 anos, o número de eucaliptos descendeu un 13%. Por outra banda, houbo un aumento de coníferas e frondosas, algo que amosa o traballo que están a realizar.

A loita contra o cambio climático

Outro dos obxectivos do proxecto é conseguir ter a certificación do Programa para o Recoñecemento de Certificación Forestal (PEFC). Concretamente, para dous produtos. O primeiro sería o mel. O obxectivo é que, coa boa xestión do monte consigan unha contorna segura para as abellas, de cara a que acheguen os beneficios ecosistémicos propios, como a polinización ou a diversidade floral, e os económicos. É dicir, o mel.

Publicidade

O segundo produto sería aproveitar un sistema de gandeiría extensiva de cabalos que se alimenten da vexetación existente. Estes animais axudan, como apuntan desde Multi-Forest, ao control do sotobosque e á prevención de grandes incendios. E, ademais, buscan que sexan fonte de beneficios económicos a través dos seus produtos derivados.

A petición é pioneira, xa que en Galicia non existe ningún mel con selo PEFC, segundo apuntan desde Multi-Forest. O mesmo ocorre coa carne de cabalo a nivel nacional. Esta recoñecería e garantiría a sostibilidade dos produtos e suporían un respaldo económico e social aos avances realizados.

A plataforma tamén realizou estimacións sobre como se está avanzando no cálculo da pegada de carbono. A análise realizada chegou á conclusión de que Baroña retén preto de 200.000 toneladas de CO₂. Especialmente, grazas á alta presenza de coníferas, que achegan case a metade desa absorción.

Un impacto económico positivo

O impacto económico tamén está medido. Os beneficios medioambientais e socioeconómicos que achega Baroña, a través da produción de materias primas, servicios culturais e turísticos e polos servicios medioambientais, ten un valor que supera os 120.000 euros.

A aposta esténdese por máis de 870 hectáreas e conta coa axuda de máis de 170 comuneiros e 10 empregados. Desde que comezou o proxecto en 2023, Multi-Forest busca tamén aproveitar os montes mantendo a diversidade e con eficiencia. Por iso, nas zonas menos produtivas están explorando o cultivo de setas shiitake que poderían achegar 20.000 euros en beneficios anuais. Tamén froitos do bosque, que xunto cos sistemas de regadío tamén servirían de barreira en caso de incendio, segundo aseguran desde a plataforma.

Multi-Forest é froito da colaboración entre distintos grupos e administracións. Por unha banda, participan o Grupo Hydro-Forest da UVigo, PEFC Galicia e a fundación FEUGA. Ademais, está financiado polas axudas para proxectos innovadores da Asociación Europea da Innovación e co financiamento nun 80% co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER). Tamén conta con fondos da Xunta de Galicia e do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.


O Grupo Operativo Multi-Forest está financiado polas axudas para a execución de proxectos innovadores dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), cofinanciadas nun 80% co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027 con fondos propios da Xunta de Galicia nun 14% e con fondos do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación nun 6%. A Consellería do Medio Rural é o órgano da Administración galega á que lle corresponde propoñer e executar as directrices xerais no ámbito rural, e engloba as competencias en materia de agricultura, gandería, desenvolvemento rural e ordenación comarcal, estruturas rurais, industrias agroalimentarias e forestais, montes, prevención e defensa dos incendios forestais. Orzamento total de Multi-Forest: 179.980,81 € (100% subvencionado)


1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A galega Gradiant desenvolve un modelo de atención integrada para os pacientes con feridas crónicas

A ferramenta creada polo centro tecnolóxico, en colaboración co IIS Galicia Sur, busca ofrecer unha asistencia máis personalizada, coordinada e eficiente

Vigo impulsa o uso pioneiro da realidade virtual para mellorar a recuperación tras un transplante de médula

O proxecto do IIS Galicia Sur e o Hospital Álvaro Cunqueiro combina exercicio terapéutico e tecnoloxía para combater a deterioración física e emocional

A borrasca subtropical Charles regará Galicia con fortes chuvias durante o mércores

A nova zona de baixas presións tomará o relevo de Bruna e MeteoGalicia establece a alerta amarela en Ourense por precipitacións

“Meu querido e ademirado amigo”: as cinco cartas conservadas de Otero Pedrayo a Cabanillas

O Consello da Cultura Galega publica epístolas que revelan a amizade, complicidade intelectual e momentos vitais compartidos entre as dúas figuras destacadas