Así se ven as cicatrices dos incendios que devastan Ourense

O satélite Sentinel-2 captura fotografías aéreas da catástrofe incendiaria que está a arrasar a provincia

Nove focos activos e máis de 62.000 hectáreas queimadas, segundo a última actualización da Consellería de Medio Rural. A provincia de Ourense é o epicentro da peor catástrofe incendiaria da historia de Galicia. O lume de Chandrexa de Queixa e Vilariño de Conso continúa activo, arrasou 17.500 hectáreas e xa se considera o máis grande do país dende que hai rexistros. Moi de preto está o de Larouco-Seadur, tamén activo e con 15.000 hectáreas devastadas. Unhas cifras arrepiantes que deixan fondas cicatrices no territorio. O satélite Sentinel-2 capturou as amplas superficies calcinadas en Galicia e as grandes columnas de fume que se elevan.

A imaxe data do 16 de agosto, último día do que se permite unha visualización aérea dende a aplicación de Copernicus. Vese, así, o comezo do incendio de Carballeda de Avia e Beade e, tamén, as amplas extensións queimadas polos lumes de Chandrexa de Queixa, de Larouco, da Gudiña e da Mezquita, o de Oímbra e, tamén, o que está a afecta a Pena Trevinca e arrasa parte da fronteira entre Galicia e Castela e León.

Publicidade

Mapa completo de Galicia onde se aprecian as grandes áreas queimadas en vermello. Tamén, algunhas das zonas máis afectadas de Castela e León. Foto: EFFIS / Copernicus

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Arden máis os espazos protexidos? Cando os datos non xustifican o relato

Os estudos dispoñibles non demostran que a protección aumente o risco de incendio nin que unha maior intervención sobre a vexetación sexa a resposta

Un estudo galego revela que os lumes favorecen ás aves máis afectadas polo abandono rural

A USC e o CSIC investigan a Serra do Xurés e analizan a recuperación desigual segundo o hábitat, cunha maior vulnerabilidade das especies forestais

Dos incendios ao mar: Galicia converte a cooperación territorial nunha ferramenta fronte a grandes retos

Máis de 60 asistentes participan en Santiago nunha xornada organizada por Feuga que reuniu proxectos europeos sobre lumes, innovación, sostibilidade mariña e turismo

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro