Detrás da elevada mortalidade do berberecho: este é o principal patóxeno en Galicia

O último informe publicado polo Intecmar revela que a 'Marteilia cochinillia' é o parasito que máis afecta a este molusco bivalvo dende 2012

Cada ano, a Unidade de Patoloxía do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar) publica o Informe Epidemiolóxico de Moluscos Bivalvos de Galicia. O último documento revela que a Marteilia cochinillia, o principal patóxeno que afecta ao berberecho galego dende 2012, continúa a provocar episodios de mortalidade anormal. Así o compartía o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na súa comparecencia do pasado luns.

O informe analiza o estado sanitario dos moluscos bivalvos comerciais nas zonas de produción galegas e recolle os resultados do traballo desenvolvido durante o anterior exercicio mediante diversos puntos de mostraxe e da análise. As conclusións vinculan este parasito cunha mortalidade elevada e inusual nas poboacións de berberecho.

Publicidade

Segundo informa a Xunta, os polígonos das bateas da ría de Muros-Noia, a marxe sur da ría de Pontevedra e a ría de Aldán mantéñense libres da Marteilia frigens. Trátase dun parasito coñecido a nivel europeo, causante da enfermidade chamada marteiliose, que afecta a diferentes especies de moluscos bivalbos.

A situación da ameixa

No caso das mostras de ameixa, non se detectaron exemplares afectados polo parasito Perkins olseni na ría de Muros-Noia. A Xunta sinala que, aínda que a presenza deste parasito non pon en risco a saúde dos exemplares, constitúe un potencial axente de risco se se dan condicións favorables para a súa multiplicación.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Que á a mosca da carballeira? Aliméntase de bágoas, pode causar cegueira e está en Galicia

Un equipo de Doñana estuda o insecto do xénero 'Phortica', capaz de transmitir un parasito que provoca doenzas oculares en animais e humanos

A dramática caída da produción de bivalvos na ría de Arousa en sete gráficos

Varias entidades marisqueiras esixen unha actuación urxente da Xunta para frear a diminución do berberecho e de catro especies de ameixa

Un equipo vigués identifica un parasito que afecta a calidade da sardiña europea

O microorganismo non causa alerxias nin enfermidades en humanos pero dana a musculatura do peixe e pode reducir a súa calidade e valor comercial

Un parasito infecta o 30 % dos berberechos do pulmón marisqueiro da Ría de Arousa

O CIMA recomenda pechar Os Lombos de Ulla para recuperar a produción e protexer as especies que non medraron