As singulares imaxes do mar de ardora cun espectacular ceo de fondo

O autor cre que a luz baixo as estrelas pode ser unha aurora boreal, aínda que os expertos non o teñen claro pola súa forma e polo momento

A chegada do verán é sinónimo para os fotógrafos de captar algúns dos fenómenos naturais máis impresionantes de Galicia. Para DrewKorme xa é algo habitual. Unha vez máis, o autor gravou na praia de Rebordelo, na provincia da Coruña, o espectacular fenómeno do mar de ardora. O vídeo foi tomado ás 00:45 horas do pasado 27 de xuño.

As imaxes son únicas porque é moi raro captar na cámara o nivel de iluminación das microalgas que causan o efecto xunto á cor rosada do ceo, que o autor considera que pode ser unha aurora boreal. Dende o Observatorio Astronómico Ramón María Aller non descartan que se producira o fenómeno astronómico, pero cren que é improbable. Os expertos consideran que pola forma que ten, a previsión dese día e a análise que se pode facer da imaxe, non se pode confirmar (aínda que tampouco descartar) que sexa ese caso. De por si, as auroras boreais, aínda que non sexan moi potentes, son raras de ver en Galicia. Neste caso non eran visibles a simple vista, pero si mediante a cámara, adaptada para astrofotografía.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla