Onde ver o mar de ardora? Estas son as mellores praias da Costa da Morte

O fenómeno de bioluminiscencia deixouse ver nas últimas semanas con todo o seu esplendor nos areais de Estorde (Cee) e Carnota

O mar de ardora na praia de Estorde, en Cee, co faro de Fisterra ao fondo. Foto: Drew Corme
O mar de ardora na praia de Estorde, en Cee, co faro de Fisterra ao fondo. Foto: Drew Corme

Unha luz azul intensa irrompeu durante boa parte do verán a escuridade que inunda as praias da Costa da Morte durante a madrugada. Este fenómeno, denominado mar de ardora, ten fácil explicación: prodúceno algúns dinoflaxelados como a Noctiluca scintillans que, ante alteracións na contorna, xeran bioluminiscencia. É máis probable velo durante o verán porque estes microorganismos aliméntanse de fitoplancto e, coas altas temperaturas do verán, tamén hai unha maior presenza de nutrientes. E aínda que este espectacular fenómeno se pode ver en distintos puntos de Galicia, algunhas praias da Costa da Morte, como a de Estorde, en Cee, ou a de Carnota, son as grandes protagonistas das últimas semanas.

Publicidade

O fotógrafo Andrés García, coñecido como Drew Korme, captura ano tras ano o mar de ardora. O fenómeno xa se deixara ver a comezos de xuño, sobre todo nos areais de Rebordelo (Cabana de Bergantiños), Valares (Ponteceso) e Ermida (Corme), onde García capturara fermosas instantáneas do mar acendido de azul. A principios de agosto, o fotógrafo de Corme repetiu a fazaña e volveu retratar en imaxes e vídeos o mar de ardora. Unha das máis impactantes sacouna na praia de Estorde, co faro de Fisterra alumeando no horizonte. Ademais, García logrou que a Vía Láctea adornase o escenario.

A continuación, unha serie de vídeos cedidos por Drew Corme onde se aprecia claramente o mar de ardora na ría de Corcubión e as prais de Estorde e Carnota:

Un baño no mar de ardora:

Saída en barco pola ría de Corcubión, co mar de ardora adornando a estela da embarcación:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.