Galicia participará no primeiro centro europeo de excelencia cuántica

USC, UDC e Cesga lideran esta iniciativa formada por 11 socios de cinco países da UE e que busca fomentar o desenvolvemento destas tecnoloxías e garantir o liderado

A Comisión Europea acaba de facer pública a concesión do primeiro Centro Europeo de Excelencia Cuántica (QEX) en Europa no que participará Galicia a través de USC, UDC e do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga). Este centro, financiado pola Empresa Común de Computación de Altas Prestacións Europea (EuroHPC JU), está impulsado por un consorcio de once socios procedentes de cinco países. O obxectivo é fomentar o desenvolvemento das tecnoloxías cuánticas e garantir o liderado europeo en computación cuántica.

A participación galega, que conta cun orzamento de 1,36 millóns de euros cofinanciados nun 50% pola Comisión Europea e no outro 50% polo Ministerio de Ciencia, Universidades e Innovación, terá unha importante contribución na creación dun espazo único para aportar servizos e coñecemento aos usuarios de ordenadores cuánticos.

Publicidade

A parte galega está liderada polo Cesga, un centro compartido entre a Xunta de Galicia e o Consello Superior de Investigacións Científicas, e tres centros de investigación da Rede CIGUS: o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC (CITIUS) e o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro mixto da USC e da Xunta de Galicia, e o Centro de Investigación en TIC (CITIC) da UDC.

Cal será o papel de Galicia?

En concreto, os centros galegos contribuirán a facilitar á comunidade científica e ao tecido produtivo o acceso ás infraestruturas cuánticas. Ademais, facilitarán o desenvolvemento de novas aplicacións e softwares no campo da computación cuántica e serán responsables da realización de actividades de benchmarking, un proceso de comparación de computadores cuánticos e aplicacións desta tecnoloxía.

Publicidade

Tamén colaborarán na formación de investigadores e usuarios, impulsando a experiencia adquirida en TalentQ, o programa de formación e crecemento de talento do proxecto Quantum Spain.

O Centro Europeo de Excelencia Cuántica capacitará a usuarios científicos, empresas e industrias europeas para aproveitar o potencial destas tecnoloxías. Mediante programas de formación especializada e apoio personalizado, QEX formará persoal altamente cualificado en toda Europa, á vez que axudará aos usuarios a adaptarse e codesenvolver aplicacións cuánticas, asegurando así a preparación para a próxima era da computación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Péptidos para transportar medicamentos xenéticos: a aposta de TraffikGene

A empresa nada na USC, gañadora GCiencia Galicia Spin-Off como Idea Emerxente, desenvolve unha plataforma para conducir ADN e ARN ao interior das células

Radiografía do consumo de alimentos ultraprocesados na infancia: “Estase a perder a dieta atlántica”

Unha investigación con participación galega relaciona este tipo de comida con sobrepreso e obesidade, resistencia á insulina e dislipemias en idades preescolares

A historia de Sancha e do crego Vivian: vivir á marxe do matrimonio no Lugo do século XIII

Un estudo da USC analiza dous textos do mosteiro de Oseira nos que aparece por primeira vez na documentación galega a palabra "concubina" dunha forma non represiva

Galicia, clave no novo proxecto europeo para explorar unha das forzas fundamentais da natureza

O IGFAE e o CESGA participarán na iniciativa internacional HADRON-2030 poñendo a disposición o seu Quantum Computing Lab