Publicidade

Podcast | Por que a computación cuántica nas finanzas é tan importante na túa vida cotiá

O investigador do CITIC Álvaro Leitao Rodríguez participa no primeiro episodio da terceira tempada de O Descodificador

Finanzas. Só con escoitar ese termo, a túa mente asóciao directamente cos cartos, coa xestión do diñeiro, coa economía. E non vas desencamiñado. Pero detrás dese concepto tamén hai moitas matemáticas e, incluso, computación cuántica. Ou noutras palabras: superordenadores. Aínda que creas que os dous conceptos son moi técnicos, máis aínda se os unimos, teñen unha gran relevancia na túa vida cotiá. Se non me cres, escoita o investigador Álvaro Leitao Rodríguez no primeiro episodio da terceira tempada de O Descodificador, o podcast de GCiencia en colaboración con Centro de Investigación en TIC (CITIC) da Universidade da Coruña (UDC).

“A computación cuántica es as finanzas teñen unha relación bastante directa porque, pola súa natureza, teñen un comportamento probabilista. En resumidas contas, vainos servir para modelar os problemas e, por tanto, o futuro”, explica o científico do CITIC, quen tamén engade que a computación cuántica servirá para resolver problemas que ata o de agora eran irresolubles. No eido das finanzas, podería ser útil —entre outras moitas aplicacións— para prognosticar unha crise económica como a de 2008 ou para predicir fraudes.

Publicidade

“Cando tratamos problemas de detección de fraude, incorporamos as características de clientes e produtos e, de aí, intentamos extraer patróns dunha inxente cantidade de datos”, describe Leitao. Ese sería o modus operandi, facendo uso da computación cuántica, para evitar as estafas nas que se pode caer no ámbito financeiro. Para iso faise uso de algoritmos e de machine learning que, unha vez desenvoltos, facilitan a descrición das características de clientes ou institucións e a súa probabilidade de caer nunha fraude.

Maior complexidade

“A complexidade crecente nos produtos financeiros fai que precisemos sistemas computacionais máis potentes”, engade Leitao Rodríguez. “O risco, na que incorre calquera institución financeira, tes que xestionalo dalgún modo. Tanto os reguladores como os gobernos esixen facer un manexo do mesmo con cantidades que, normalmente, requiren cun cómputo moi custoso. É aí onde a computación cuántica promete moitas vantaxes que se poden aproveitar, tendo en conta a cantidade de riscos aos que nos enfrontamos nas finanzas”, engade o investigador do CITIC.

Publicidade

Dende o centro da UDC, Leitao Rodríguez céntrase en dúas grandes liñas de investigación dentro da computación cuántica. Por unha banda, o método Quantum Monte Carlo e, por outra, o machine learning. O obxectivo é traballar no desenvolvemento de algoritmos independentemente do grao de madurez dos sistemas cuánticos. A fin de contas, experimentan co futuro.


Escoita O Descodificador en todas as nosas plataformas de podcast: SpreakerSpotifyIvooxiHeartDeezerPodcast AddictJioSaavn e Podchaser

  • O CITIC está acreditado como Centro de Excelencia e membro da Rede CiGUS para o período 2024-2027. A acreditación, estruturación e mellora do CITIC está cofinanciada pola Xunta de Galicia e nun 60% pola Unión Europea no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2021-2027, co obxectivo temático de promover “unha Europa máis intelixente: transformación innovadora e intelixente” (ED431G 2023/01).
Laura Filloy
Laura Filloy
Xornalista científica pola Universidade Carlos III de Madrid. Comezou a súa andaina profesional no Faro de Vigo. Con experiencia en comunicación institucional a través de Médicos sen Fronteiras e a Deputación de Pontevedra, meteuse de cheo na divulgación científica na Axencia EFE. Dende 2021 en Gciencia, onde segue a cultivar a súa paixón pola ciencia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Podcast | Cando a tecnoloxía axuda a entender a realidade da parálise cerebral

O proxecto Talentos Inclusivos centra o segundo episodio da terceira tempada de O Descodificador, o podcast de GCiencia en colaboración co CITIC

Un proxecto da Xunta para mellorar o 112 participa na primeira contorna de probas de IA de Europa

A iniciativa permitirá optimizar a fiabilidade da transcrición de conversas coas emerxencias de Galicia e recoñecer automaticamente o idioma

Usas Netflix? As súas emisións de CO2 nun día equivalen a un coche dando 3.248 voltas ao mundo

O CITIC da UDC acolleu unha charla da enxeñeira informática Coral Calero sobre o elevado consumo enerxético das TIC

Problemas de sono? Un proxecto galego usa IA e computación cuántica para a súa diagnose

Unha colaboración entre o CITIC e o Cesga busca solucións máis eficientes para estudar os trastornos relacionados co durmir