Atopan no convento de Santa Clara unhas pinturas murais do século XVI “únicas”

Un dos maiores expertos en pinturas murais asegura que o achado en Santa Clara "non o hai en ningún outro lugar"

Os traballos de restauración do convento pontevedrés de Santa Clara veñen de acadar un novo fito cun descubrimento “único”. Trátase duns murais datados no século XVI que supoñen o “único caso en Galicia con pinturas nun refrectorio”.

Son palabras de José Manuel García Iglesias, profesor emérito da Universidade de Santiago e considerado unha das máximas autoridades de Galicia e de España en pinturas murais. Para o catedrático, o achado en Santa Clara é algo que non ten parangón, tanto polo contexto na que foron creadas como polo lugar escollido para un debuxo que contén unha representación totalmente nova para García Iglesias.

Publicidade

A imaxe dun corazón inscrito nunha aguia é unha imaxe que o experto soamente viu no convento pontevedrés que se atopa en fase de restauración e musealización por parte da Deputación de Pontevedra. “Creo que non a hai en ningún outro lugar”, sentenciou o catedrático na presentación do descubrimento, onde estivo acompañado polo vicepresidente do goberno provincial pontevedrés, Rafa Domínguez.

A imaxe remite ao segundo tomo dun incunable de finais do século XV publicado en Basilea (Suíza) no que se recollían as os sermóns de San Agustín e do que en España se conserva un exemplar no arquivo da catedral de Segovia. Así mesmo, tamén aparece un Cristo entre estrelas, unha imaxe de Santa Clara e outro conxunto de temática vexetal no que, segundo o profesor, podería estar representado San Franscisco.

Publicidade

Chegaron a hoxe por estar tapadas

O profesor José Manuel García Iglesias e Rafa Domínguez

A clave na súa conservación ata o día de hoxe para que poidan ser contempladas é sinxela. Estiveron tapadas pola cal ca que, de forma xeneralizada, se branquearon as paredes a partir do século XVI para facer fronte ás pestes. Isto supuxo a fin da historia mural, que contaba ata entón cunha tradición moi importante desde o prerrománico ata o século XVI.

No caso de Santa Clara, García Iglesias sitúa a súa creación entre os anos 1570 e 1580. Constan de dúas capas, unha máis antiga e pequena e outra máis ampla e recente. “No momento de retirar a cal ou o retablo, as pinturas envellecen e en 20 ou 30 anos escurécense, polo que hai que traballar sobre elas continuamente”, sinalou o catedrático de Historia, que felicitou á Deputación de Pontevedra pola súa “sensibilidade” e “vontade de traballar” para que os murais se conserven.

“Imos manter e conservar estas pinturas murais para que as persoas que visiten o novo edificio de Santa Clara gocen destas obras de arte que queremos que sexan visitables”, sinalou, pola súa banda, o número dous da Deputación de Pontevedra, que destacou que o proceso de rehabilitación do mosteiro clarista “avanza sen descanso” malia que “non sempre se vexa” o traballo que se está a facer.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O misterio da gran xoia desaparecida de Galicia: unha investigación achega novas pistas da cruz de Afonso III

Un estudo de Francisco Prado Vilar revisa os expedientes xudiciais do roubo da reliquia, que se produciu en 1906, e localiza fotografías inéditas

O equipo de Santa Clara cre que o cerebro saponificado pertenceu a unha monxa de entre os séculos XVII e XIX

O órgano atopouse durante e escavación de tres tumbas no coro baixo da igrexa e agora está depositado nunha cámara frigorífica da USC para garantir a súa conservación

A escavación no convento de Santa Clara saca á luz un cerebro ben conservado, un achado único na península

O equipo detrás do descubrimento asegura que só hai tres casos máis no mundo en Arxentina, Chile e Italia de características semellantes

O Castelo de Soutomaior convértese no escenario dun videoxogo para descubrir o seu patrimonio medieval

A Deputación de Pontevedra lanza ‘O Códice da Liberdade’, que combina investigación e realidade aumentada para achegar a historia ás novas xeracións