Galicia, no punto de mira da borrasca Joseph: chuvias persistentes e acumulados de 300 l/m² ata o venres

O centro de baixas presións provoca refachos intensos e activa avisos vermellos por precipitacións superiores aos 120 l/m² no interior de Pontevedra

Tras o azoute de Ingrid sobre a península dende o venres, Galicia comeza a notar os efectos da borrasca Joseph, que, aínda situada a certa distancia, favorecerá a chegada de múltiples centros de baixas presións que orbitan ao seu redor. A primeira destas “mini borrascas” alcanza a comunidade o luns 26 de xaneiro, deixando chuvias persistentes, especialmente no interior de Pontevedra, onde se activou aviso vermello por acumulados superiores aos 120-150 l/m², segundo informa David Domínguez no seu perfil de X, @RedmeteoP. Pola súa banda, o modelo de referencia de Mereoted prevé acumulados de máis de 250-300 l/m² ata o venres no suroeste de Galicia.

A principal causa desta marcada inestabilidade meteorolóxica é a presenza dun anticiclón situado en latitudes moi altas de Europa, que actúa como muro e obriga ás borrascas a desprazarse máis ao sur, incidindo de cheo sobre España. Ademais, algunhas están a facerse moi profundas, intensificando as precipitacións e o vento. A este escenario súmase a chegada dun fluxo de vento do oeste moi cargado de humidade, procedente de zonas próximas ao ecuador: este río atmosférico alimenta a borrasca e explica os elevados acumulados de chuvia.

Publicidade

Como consecuencia do temporal, Adif informou a través de X da suspensión dos servizos ferroviarios entre Ourense e Santiago, así como da liña Vigo-Guixar, ambas pertencentes ao servizo rexional. Do mesmo xeito, tamén quedou interrompida a circulación da liña de ancho métrico Ferrol-Oviedo/Xixón.

Onde chove máis?

Segundo os valores extremos rexistrados nas estacións de MeteoGalicia, durante a xornada do domingo as maiores precipitacións acumuladas déronse en Abadín (Lugo), con 23,4 l/m², e en Folgoso do Courel (Lugo), con 21,4 l/m².

Publicidade

Con todo, estes rexistros quedaron amplamente superados xa nas primeiras horas do luns. En Rianxo acumuláronse 72,3 l/m², mentres que en Mondariz se alcanzaron 49,9 l/m², confirmando unha clara intensificación das chuvias.

Alerta vermella por chuvias

A alerta vermella activada para o luns 26 no interior de Pontevedra, especialmente en zonas de maior altitude. Foto: MeteoGalicia
A alerta vermella activada para o luns 26 no interior de Pontevedra, especialmente en zonas de maior altitude. Foto: MeteoGalicia

En comparación cos efectos da borrasca Ingrid, Joseph está a traer un maior impacto en terra. A alerta vermella activada para o luns 26 restrínxese a 16 concellos do interior de Pontevedra, especialmente en zonas de maior altitude. Agárdanse refachos de vento chegarán de entre 70 e 80 km/h, polo que se mantén o aviso amarelo, e de maneira puntual poderían rexistrarse ata 15 l/m² nunha hora. No que respecta ao mar, o temporal marítimo sitúase en alerta laranxa a partir das 18:00 horas, cando se prevé que as ondas alcancen ata os 7 metros dende as Rías Baixas ata a Costa da Morte. Polo momento, MeteoGalicia mantén activados os avisos ata o martes.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O mar acada os 22 graos en Galicia: as claves dun quecemento inusual para maio

Os sistemas de observación detectan valores moi superiores á media habitual para maio, provocados pola acumulación de calor asociada a episodios persistentes

Documentado por primeira vez un gorgoncéfalo vivo en augas galegas

Investigadores do IEO localizan un exemplar xuvenil na Ría de Arousa, o que amplía o límite norte coñecido da especie

Como funciona a amizade entre arroaces? Así é como as bateas moldean a súa vida social nas Rías Baixas

O biólogo galego Bruno Díaz revela que as preferencias alimentarias condicionan a formación de vínculos entre cetáceos

O ventilador atlántico pon fin á calor en Galicia cun descenso das temperaturas de case 10 graos

Unha masa de aire frío procedente do noroeste traerá chuvias febles e ceos cubertos a partir do martes 2 de xuño