O carrusel de borrascas traerá ata 200 litros de auga a Galicia nunha semana

As precipitacións serán persistentes, con alertas amarelas marcadas por MeteoGalicia por chuvia intensa e vento forte en boa parte da comunidade

Benvidos a unha semana pasada por auga. Un carrusel de borrascas entrará por Galicia, deixando días de precipitacións constantes na comunidade. Aínda que se alternarán con claros, segundo o modelo europeo que anuncia o medio Meteored poderían caer máis de 150 ou 200 l/m2. A auga estará presente nas catro provincias, e os termómetros acadarán valores fríos, con máximas arredor dos 10ºC, segundo anuncia MeteoGalicia a través da súa canle de X.

Como informa Samuel Biener dende Meteored, mañá aparecerá unha primeira fronte na península que repartirá chuvias localmente intensas no norte e oeste da comunidade, para despois estenderse polas provincias veciñas do noroeste. O descenso en latitude do chorro polar terá como consecuencia que as borrascas teñan porta aberta dende Grenlandia ata España, polo que as precipitacións serán xeneralizaras e en forma de neve nos principais sistemas montañosos.

Publicidade

A predición do servizo meteorolóxico galego para os próximos catro días sinala probabilidades de ocorrencia de chuvia que rondan o 80 e 95%, sobre todo cara a mediados de semana. Así mesmo, as temperaturas ascenderán progresivamente ata que a partir do xoves volva a entrar aire frío.

40 l/m2 e alerta amarela

MeteoGalicia informa de alertas amarelas en terra por chuvias nas xornadas do martes e mércores. Na provincia de Pontevedra caerán máis de 40 l/m2 en 12 horas, igual que no interior e o oeste da Coruña, na Costa da Morte. Outra das advertencias é o vento, que poderá superar os 80 quilómetros por hora en toda a costa, xunto coas zonas montañosas de Lugo e Ourense.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica