Activada a alerta vermella na costa da Coruña por ondas de ata 9 metros

O aviso por perigo extraordinario da AEMET estará vixente durante mércores e xoves, con forte mar de fondo e ventos intensos

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) declarou a alerta vermella por “perigo extraordinario” debido a fenómenos adversos na costa da Coruña. O aviso entrará en vigor o mércores 21 de xaneiro e manterase activo durante toda a xornada. Prevese mar combinado do noroeste, con ondas de entre 8 e 9 metros, así como ventos de entre 50 e 61 km/h, correspondentes a forza 7, como consecuencia do carrusel de borrascas chegará durante a semana.

Ao longo do martes, o temporal irá intensificándose no mar. Na actualidade, a costa atópase en alerta laranxa por perigo importante, con ondas de 5 a 6 metros, que poderán alcanzar ata os 7 metros de altura en mar aberto. Esta situación afecta a todo o litoral galego.

Publicidade

A situación de alerta vermella manterase durante o xoves 22, aínda que o temporal deixará paso a un episodio de ventos máis fortes. Dende as Rías Baixas ata A Mariña agárdanse ventos do oeste e suroeste de entre 62 e 74 km/h, con forza 8, dende a tarde.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Activada a alerta vermella por calor no interior de Pontevedra durante o martes

A Xunta acende o nivel amarelo por altas temperaturas no noroeste, interior e suroeste da Coruña, así como na montaña de Ourense e nas Rías Baixas

Cando a investigación sae do laboratorio: así funciona a transferencia científica en Galicia

A Xunta identifica o potencial dos xestores de transferencia como ponte entre o académico e o mercado con iniciativas de formación especializada

Unha nova pintura chega á Coruña: a viaxe dunha táboa flamenga recuperada do tráfico de arte

A peza, do século XVI e atribuída a un pintor anónimo, foi localizada en Italia tras ser exportada ilegalmente dende España

A Xunta activa a alerta vermella por episodio de calor no interior de Pontevedra durante o xoves

Galicia quedará ata o próximo sábado baixo a influencia dun anticiclón que tamén provocará avisos no centro de Lugo, interior da Coruña e montaña de Ourense