De Manoliño a Chilindrín: o tráxico final dos arroaces que marcaron a historia da costa galega

A desaparición de Confi e a súa posible morte deixa a comunidade sen o seu golfiño máis destacado, que nunca conseguiu unirse a unha manda

O caso de Confi, tamén coñecido como Manoliño, entristece a comunidade galega. O arroaz, coñecido porque desde 2019 habitaba na costa de Galicia e tamén porque persigue e xoga cos barcos e persoas que atopa, leva desaparecido desde o pasado 3 de xuño. Desde a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) cren que podería ser o golfiño que apareceu morto no peirao de Navantia en Ferrol.

“Non temos o 100% de garantía, pero o que vimos nas imaxes son compatibilidades co corpo de Confi, explica Alfredo López, biólogo mariño do CEMMA. Cando atoparon o arroaz o 20 de xuño, non os avisaron a tempo e non puideron facer as comprobacións, polo que tiveron que intentar analizalo a través das imaxes tomadas.

Publicidade

Confi forma xa parte da historia da costa galega. Foi identificado por primeira vez en decembro de 2019. Arroaz tranquilo, xogaba a miúdo coas embarcacións e aproximábase con certa frecuencia aos humanos. Non foi o único. Hai outras historias, como Mercurio, Chilindrín e outros tantos que non teñen nome. Estes golfiños, aínda que foco dalgunhas noticias e da alegría dos que os ven, quedan cerca da costa, apartados, froito dos infrutuosos intentos de pertencer a unha manda. Moitos deles morren, como foi o caso de Chilindrín.

A dificultade de sobrevivir sen a manda

Só uns pouquiños deses que son expulsados sobreviven, e só con algúns temos contacto durante moito tempo, como o caso de Confi”, explica López. Foi tamén o caso de Gaspar, entre 2007 e 2010. O golfiño apareceu polas costas galegas en diversas ocasións, xogando coas embarcacións e tamén cun carácter tranquilo, similar ao de Manoliño. Polos seus comportamentos, que se poderían clasificar de antisociais con respecto aos da súa especie, chámanse arroaces solitarios embaixadores. Malia que o animal busca moitas veces a poboación para interactuar con eles, desde CEMMA sempre recomendan, polo ben do propio exemplar e para non correr riscos, evitar esa relación.

Publicidade

Cando estes animais son apartados das súas mandas (de forma violenta), eles intentan, cando teñen a oportunidade, de volver a formar parte dunha. Confi nunca o conseguiu. O golfiño volveu mancado, en moitas ocasións, polas disputas para intentar formar parte dunha manda. “Para iso ten que medrar física e psicoloxicamente. Fisicamente si medrou, pero igual psicoloxicamente non”, explica o biólogo.

A integración de Gaspar

Malia que en moitas ocasións é complicado que ocorra, si hai casos de integración. É o caso de Gaspar. Hai indicios de que o golfiño que durante catro anos habitou polas costas galegas foi avistado cunha manda nas Illas Azores. “Tiña a mesma marca que Gaspar, pero claro, xa pasaran moitos anos”, considera López. A marca á que se refire é unha amputación con falta de masa ósea no lado esquerdo da cara, na boca.

“Que apareza esa amputación no mesmo sitio noutra parte do mundo é rarísimo, porque non é que tiña un labio levantado senón falta de masa ósea”, destaca. Aínda así, posto que foi a través dunhas fotos e que non se puido facer unha análise con calma, só se pode falar de compatibilidades.

Galicia queda sen o seu golfiño insignia. A crueza da natureza probablemente deixará fóra a outro exemplar nalgún momento polo que, co paso dos anos, seguro que teremos un novo inquilino nas nosas costas. Só queda esperar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como funciona a amizade entre arroaces? Así é como as bateas moldean a súa vida social nas Rías Baixas

O biólogo galego Bruno Díaz revela que as preferencias alimentarias condicionan a formación de vínculos entre cetáceos

Morre o arroaz Ladiña a causa dun accidente cunha hélice

Cría e nai percorreron durante case dous anos distintos portos das rías galegas tras seren detectadas por primeira vez na Guarda en 2024

Por que as mulleres viven máis que os homes: un enigma con raíces evolutivas

Un estudo internacional revela que a diferenza na esperanza de vida entre sexos está marcada pola selección sexual, o coidado parental e a xenética

Montes heteroxéneos e planificación: un estudo analiza como ter paisaxes máis resistentes aos incendios

Os investigadores da Misión Biolóxica de Galicia buscan que os montes poidan ser produtivos, sostibles e máis resilientes fronte a catástrofes