Gravan unha moto de auga molestando arroaces na ría de Vigo

O vídeo, captado desde o peirao de Soutomaior, xa están en mans da Garda Civil para que investigue un posible delito

Un vídeo está a xerar indignación nas redes sociais. Dúas persoas montadas nunha moto de auga na ría de Vigo fan eses sobre auga xusto sobre o punto no que acababan de verse dous arroaces tomando aire na superficie. Para moitos, as imaxes non deixan lugar a dúbidas: os motoristas pretendían pasar por riba dos cetáceos.

A escena foi captada desde o porto de Arcade e compartida o pasado mércores nun grupo de Facebook que reúne a veciños desta localidade, Vilaboa, Pontesampaio e Soutomaior. Aínda que se descoñece a data exacta no que ocorreron os feitos, o vídeo xa chegou a mans da Garda Civil para investigar un posible delito.

Publicidade

A  Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma) desliga o que se ve na gravación ca aparición dun golfiño varado nas salinas de Ulló. Desde a entidade sinalan que o que aparecen no vídeo son dous arroaces e recorda que existe un real decreto específico desde 2007 con medidas para a protección dos cetáceos.

Con todo, lamentan que as imaxes captadas polo videoaficcionado non permitan identificar os ocupantes da moto acuática. Neste aspecto tamén fan fincapé fontes da Garda Civil consultadas por GCiencia, que non recibiron, até o de agora, unha denuncia sobre os feitos.

Publicidade

Ademais, instan á poboación a que dea aviso ao Seprona cando se presencian actitudes deste tipo contra os animais e, concretamente, contra os cetáceos. Unha chamada que cobra máis relevancia ante a chegada do verán, cando se multiplican as interaccións entre os animais e as embarcacións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía