Esborralle térmico: unha dina provocará unha baixada de 10 graos en menos de 24 horas

Despois dunha fin de semana de verán os termómetros caerán por baixo dos 20 graos en menos dun día pola volta do aire frío en altura

Despois de semanas agardando pola calor, esta fin de semana tocan altas temperaturas que permitirán aos amantes das praias darse os primeiros baños da tempada. Pero deberán aproveitar para facelo antes da tarde do domingo. Porque a entrada dunha dina no mediodía provocará un drástico cambio no tempo. De 30 graos pasarase en moitos puntos a 20 en menos de 24 horas.

Pero antes, teremos uns días propios do verán, con tempo solleiro na meirande parte da comunidade e temperaturas que irán en ascenso desde este venres. O aire que arrefriou os termómetros nos últimos días vaise retirando da man dun anticiclón para deixar boa parte de Galicia con máximas de 25 graos.

Publicidade

Un ascenso térmico que tocará teito o sábado, cando se agarda chegar preto dos 30 graos, especialmente no sur da comunidade galega. Todo acompañado de ceos despexados para desfrutar do Día das Letras ao aire libre.

Domingo de cambio

Os cambios chegarán o domingo, segundo apuntan as predicións de Meteogalicia. Pero aínda será posible desfrutar deste verán anticipado durante a mañá e as horas centrais do día. A calor manterase, pero será o preludio da chegada das treboadas.

Publicidade

A inestabilidade instalarase en Galicia debido á entrada dunha depresión illada en niveles altos, o que se coñece como dina. Provocará chuvascos puntualmente fortes acompañados de aparello eléctrico.

O aire frío nas capas altas da atmosfera fará que se esborrallen as temperaturas de cara ao luns. Así, viviremos un descenso térmico de ata dez graos en menos de 24 horas. Deste xeito, as máximas non superarán os 20 graos o luns, xornada na que continuarán as precipitacións xeneralizadas en Galicia.

Pero esta situación de inestabilidade non durará moito. O martes, Galicia volverá a quedar baixo a influencia dun anticiclón que devolverá os ceos descubertos e fará que as temperaturas volvan ascender de forma paseniña co pasos dos días.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla