Volve a calor… pero non por moito: paréntese anticiclónica antes do regreso do aire frío

Fin de semana de temperaturas altas co sur roldando os 30 graos, pero o panorama mudará de novo a partir do domingo

Os amantes da calor están de parabéns. Volven as temperaturas altas, cos termómetros por riba dos 25 graos en varios puntos da xeografía galega nos próximos días. Será na fin de semana e logo de días de choivas, treboadas e frío, grazas a un anticiclón que mudará o panorama. Pero non por moito tempo. Porque de cara a comezos da semana próxima o escenario volverá a xirar.

Polo momento, a terceira semana de maio está a deixar un tempo máis propio de marzo que dun mes que se sitúa ás portas do verán. Os termómetros non chegan aos 20 grados de máxima e as mínimas caen por baixo dos 10 na meirande parte do territorio. Un frío acompañado de choivas intermitentes pero intensas nalgúns puntos, como os máis de 50 litros por metro cadrado caídos na contorna da cidade de Vigo durante o luns, segundo os valores recollidos por MeteoGalicia.

Publicidade

O tempo virará a partir do mércores, día no que aínda se agardan precipitacións e temperaturas frescas, con máximas que non pasarán dos 20 graos en toda a comunidade. O xoves, Galicia comezará a quedar baixo a influencia dun anticiclón que elevará os valores térmicos co paso dos días. En 24 horas, elevaranse cinco graos de media. E para o venres agárdase un día de calor, con puntos roldando os 30 graos.

Fin de semana de calor

Deste xeito, o anticiclón que traerá aire quente a Galicia deixará unha fin de semana de calor e ceos despexados, que invitará a desfrutar de actividades ao aire libre, sobre todo no sur. En Vigo agárdanse temperaturas de máis de 26 graos para o sábado, mentres que en Ourense e Pontevedra chegarán aos 29.Pero este tempo solleiro non tardará en abandonar Galicia.

Publicidade

A paréntese estival comezará a despedirse xa o domingo, cando Galicia volverá a contar con presenza de aire frío en altura que refrescará os termómetros ata devolvelos, a medida en que avance a nova semana, a valores por baixo dos 20 graos. Co frío tamén regresará a inestabilidade e a probabilidade de precipitacións, polo que toca desfrutar nos próximos días do aire libre antes de regresar a un panorama semellante ao que nos leva acompañando en Galicia neste mes de maio máis próximo ao inverno que ao verán.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla