Maio marcea: un anticiclón instalado no norte de Europa anticipa un mes frío e de treboadas

Haberá que agardar para que suban as temperaturas en maio, que chegou despois dun abril caloroso e moi húmido

Di o refraneiro que ‘cando marzo maiea, maio marcea‘. E para gozar de temperaturas altas este mes haberá que agardar. O culpable é un anticiclón instalado no norte de Europa que manterá bloqueada a circulación de aire frío en altura circulando no sur do vello continente. Polo tanto, cando menos durante as próximas dúas semanas, Galicia quedará fóra da entrada de aire cálido, polo que teremos un maio cunha climatoloxía máis semellante á de marzo.

Así o recollen os modelos de Meteogalicia para as próximas semanas, que estarán marcadas polas treboadas que xa caeron na xeografía galega a fin de semana pasada. O ambiente tormentoso regresa a partir deste xoves e manterase nos seguintes días, especialmente durante as tardes, sendo máis habituais en puntos do interior. Todo acompañado de temperaturas frescas para a época do ano, con máximas que apenas pasarán dos 20 graos nas zonas máis cálidas de Galicia.

Publicidade

Un escenario de inestabilidade que cando menos, manterase, durante a seguinte semana. O anticiclón afincado entre Escandinavia e o norte das illas Británicas fai de bloqueo ao movemento de masas de aire frío. Polo tanto, unha das condicións que deben darse para que regresen as temperaturas altas sería o movemento do anticiclón instalado no norte europeo, o que favorecería que Galicia quedase baixo as influencias do anticiclón dos Azores.

Deste xeito, Galicia volverá a ter unha fin de semana de treboadas pola influencia dunha borrasca fría ou dina. Unha baixa en superficie xerada pola depresión en altura desprazarse polo norte peninsular durante o sábado, o que deixará chuvascos xeneralizados, tormentas fortes e refachos de vento.

Publicidade

Un abril moi cálido e húmido

A inestabilidade de maio chega despois dun abril moi cálido e húmido, o máis dos últimos seis anos. As precipitacións superaron o 64% dos valores habituais para a época do ano, segundo o balance feito por Meteogalicia.

Deste xeito, a temperatura media de abril foi 2 graos máis alta respecto ao período climático de referencia, pero só hai que remontarse ao ano 2023 para atoparse un abril máis caloroso na comunidade galega.

Foi un mes de contrastes, propio da primavera, con alternancia de anticiclóns secos e altas temperaturas coa entrada de borrascas frías e activas. Deste xeito, houbo lugar para días solleiros máis propios do verán, como aconteceu a principio de mes, con xornadas de choivas, como as que deixou a borrasca Nuria.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía