Un descubrimento galego acha novas claves para frear o avellentamento

Un estudo do CiMUS apunta ás dietas de restricións calóricas como base para evitar certas mutacións nas mitocondrias

Un novo estudo do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da Universidade de Santiago (USC) descubriu novas claves para un envellecemento máis saudable. O traballo, presentado na revista Nature Communications, fala sobre as mutacións crípticas das mitocondrias, un tipo de alteración pouco estudada e que é crucial no avellentamento das células.

“A nosa investigación revela que estas mutacións crípticas son, de feito, as máis comúns nos tecidos envellecidos que xa non se dividen”, explica a investigadora do CiMUS da USC, Aurora Gómez. Estas alteracións logran esquivar os mecanismos naturais de defensa do organismo. Despois, acumúlanse lentamente ata alcanzar niveis elevados na mediana idade ou nas últimas etapas da vida.

Publicidade

O avellentamento é un proceso complexo que vai da man de enfermidades crónicas e cambios no noso organismo. Un factor que xa se coñecía que era importante neste proceso eran as alteracións nas mitocondrias, problemas nas “centrais enerxéticas” das nosas células. Investigacións realizadas ata o momento neste campo en ratos cun aumento artificial de mutacións no seu ADN mitocondrial mostraron signos de envellecemento acelerado. Pero hai un aspecto que pasou case desapercibido: as mutacións crípticas.

A restrición calórica, esencial na demora destas mutacións

“Descubrimos que estas mutacións están estreitamente relacionadas con varias características do envellecemento”, afirma Gómez. Por exemplo, o mal pregamento de proteínas e o estrés celular no retículo endoplásmático (RE), un órgano celular clave das células. “Ademais, os nosos experimentos confirman que este tipo de mutacións contribúe ao estrés do RE”, comenta a investigadora. Un dos aspectos máis prometedores segundo os científicos do CiMUS está vinculado á restrición calórica.

Publicidade

A estratexia xa era coñecida pola súa capacidade de frear o avellentamento. Agora, este estudo descubriu o impacto que ten na redución destas alteracións e mutacións das células. É dicir, que os investigadores comprenderán agora mellor un dos porqués dese éxito de neste tipo de dietas. Isto pode abrir a porta a novos estudos que exploren máis formas de ter unha vida máis saudable.

A disfunción mitocondrial está implicada en enfermidades neurodexenerativas como o párkinson ou o alzhéimer. “Neste estudo observamos tamén que as células cerebrais envellecidas con altos niveis de mutacións crípticas mostraban signos de neurodexeneración”, sinala.

Este é un achado importante que permitirá ao CiMUS seguir avanzando tamén nas súas investigacións no ámbito da neuroloxía. As conclusións deste estudo permiten unha abordaxe interdisciplinaria para ser abordadas dunha maneira óptima.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla