Publicidade

Non gardes o paraugas: unha nova borrasca volverá augar a fin de semana en Galicia

A inestabilidade marcará o paso a partir do xoves, con eventos tormentosos que serán máis probables durante as tardas

A chuvia foi a protagonista indiscutible da ponte de maio en Galicia. Os ceos anubrados e as treboadas foron unha constante dende o xoves ata o domingo. Un escenario que non distará do prognóstico inicial para a segunda fin de semana de maio, cando se prevé a entrada dunha nova borrasca atlántica que traerá inestabilidade a Galicia a partir do venres. Segundo Meteogalicia, a presenza do aire frío en altura propiciará eventos tormentosos polas tardes. A súa previsión é que a partir do xoves as probabilidades de chuvia en Galicia oscilen entre o 70% e o 90%, incluído o próximo luns.

Con todo, a primeira metade da semana estará marcada por unha relativa estabilidade, aínda que con temperaturas baixas para esta época do ano. Os termómetros, segundo indican dende Meteogalicia, non superarán os 20 graos entre o luns e o martes. As altas presións iranse situando sobre as illas británicas, propiciando a entrada de aire frío procedente do continente europeo. Polo tanto, os ceos anubrados, o vento do nordés e as temperaturas en descenso serán os protagonistas do luns.

Publicidade

O martes agárdase un día estable e sen grandes cambios respecto da xornada anterior, máis alá dos ceos despexados. Isto deberase á influencia das altas presións localizadas ao norte, que xa serán capaces de afastar o aire frío dos días anteriores. Así é que as temperaturas irán experimentando un aumento progresivo, sobre todo nos valores máximos, que poden roldar os 24 graos en Ourense e nas Rías Baixas, e superará os 20 no norte. Non obstante, este ambiente de estabilidade durará apenas unhas horas.

Probabilidades de chuvia de ata o 90%

Galicia volverá estar nunha situación intermedia entre as altas e as baixas presións a partir do xoves, cando se agarda unha probabilidade de precipitación de ata o 85%. O venres, segundo prognostican dende o portal eltiempo.es, entrará unha nova borrasca atlántica que se irá achegando ao oeste da península ata situarse preto da costa portuguesa. Ela será a responsable da inestabilidade que marcará a fin de semana e que deixará, de novo, chuvia en Galicia. De feito, entre sábado e domingo as probabilidades de precipitacións acadarán o 90%.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un bloqueo en omega traerá de volta o frío despois dunha fin de semana de alerta por tormentas

Treboadas manteñen en alerta a boa parte da xeografía galega, que se prepara para unha baixada de temperaturas a partir do luns

Dos 31 graos á chuvia: unha sucesión de frontes causará un drástico cambio de tempo en Galicia

Unha borrasca situada no oeste peninsular provocará inestabilidade entre o mércores e o venres, sen un prognóstico claro de cara á fin de semana

Que é a configuración en omega? O fenómeno que provocará un brusco cambio de tempo en Galicia

Malia que se prevén días solleiros para esta fin de semana, cambios na circulación do aire abren unha ventá de incertidume que mesmo podería achegar unha dina a Galicia

Martinho acende as alertas por temporal no mar e neve en Lugo e Ourense na fin de semana

A borrasca situada ao noroeste de Galicia provocará un descenso dos termómetros pola entrada dunha nova masa de aire frío